A Feira Medieval de Padrón é un dos acontecementos máis esperados do ano na cidade. Ben sexa polo ambiente que se xera nas rúas, ou pola gran cantidade de actividades relacionadas coa artesanía e o medievo que se poden levar a cabo durante estes días, a principios de xullo de cada ano, a xente aproveita para botarse á rúa e retroceder varios séculos atrás no tempo.
Quen non se preguntou algunha vez como sería a vida na Idade Media?
Cabaleiros, princesas, reis, trobadores, serventes... Todos coñecemos dabondo aos protagonistas das grandes historias e fazañas desta época, pero non tan ben os detalles do seu día a día, os seus hábitos e técnicas de traballo, ou o ambiente das antigas cidades medievais.
A Feira Medieval de Padrón é o momento do ano que máis nos achega a experimentar a sensación de estar a vivir nesta época.
Para a edición deste ano xa están organizadas actividades como o mercado medieval, o obradoiro de antigos oficios (como o de ferreiro, o de vidreiro, o de ebanista, o de canteiro, o de cestero, etc.), a exhibición de cetrería, o espectáculo de lume e acrobacias, ou a gran cea medieval.
Para unha maior "inmersión medieval", moitos dos asistentes a estas actividades elixen disfrazarse con vestimentas da época, que ben poden ser alugados, ou elaborados por cada un coas súas propias teas a base de moito tempo e habilidade.
Por tanto, o fin de semana de 8 ao 10 de xullo, supón unha oportunidade estupenda para visitar Padrón e perderse no ambiente da Feira Medieval.
Ademais se tes pensado vir todo o fin de semana á cidade e necesitas un sitio onde aloxarche, no Hotel Scala poñemos á túa disposición máis de 200 confortables habitacións e unha gastronomía baseada en produtos locais de alta calidade que seguro que encandearían a calquera rei medieval.
Confía en nós ,Non te arrepentirás!
981 811 312