Por fin estamos ás portas dun dos mellores meses do ano: decembro. Época de festas, de descanso e de escapadas. Se tes a sorte de poder gozar dunhas pequenas vacacións durante a ponte de decembro, desde o Grupo Hotel Scala propoñémosche o mellor plan en Padrón.
Aquí, a tan só 21 quilómetros de Santiago de Compostela, atoparás un bonito enclave entre os ríos Sar e Ulla. Berce de grandes figuras literarias como Rosalía de Castro e Camilo José Cela, Padrón é un lugar cheo de cultura, patrimonio e gastronomía.
Coñece o seu centro histórico
Casas nobres e igrexas entre rúas empedradas, o bonito paseo do Espolón a beiras do Sar ou un dos Xardíns Botánicos máis antigos de España. Un lugar cheo de vida e historia que che envolverá entre os seus diferentes monumentos.
O Padrón Literario
Na nosa localidade atópase a Casa da Matanza, Casa-Museo dedicada a Rosalía de Castro, onde pasou os seus últimos anos de vida. Alí consérvanse obxectos persoais e as versións orixinais das obras da autora. Aproveita esta ponte para empaparche de cultura literaria galega dunha maneira diferente en Padrón.
Paseos pola natureza
Goza da área recreativa de Santiaguiño do Monte, onde a natureza e a espiritualidade fúndense nun enclave natural perfecto capitaneado por unha bonita ermida. Tamén atoparás, seguindo o leito do río Sar desde o centro de Padrón, a área recreativa da Desembocadura Sar-Ulla, idónea para gozar dun día de descanso.
Nos arredores, moi preto do noso hotel, tamén poderás atopar parques dignos da súa visita, como a área recreativa do Xirimbao (Teo) ou a de Ximonde (A Estrada), unidas por un das pontes colgantes máis longos de Galicia. Respira natureza nos teus días de descanso en Padrón.
Visita o Belén Artesanal de Valga
Declarado de Interese Turístico, este nacemento en movemento é unha das composicións máis únicas do nadal galego. Dá a benvida a estas festas nesta localidade a escasos 5 quilómetros de Padrón e visita este famoso belén que, con máis de 4500 pezas, representa a personaxes populares, oficios tradicionais, empresas locais e figuras da actualidade. Non che deixará indiferente!
Goza do mercado de Padrón
Antes de deixar Padrón, non deixes de visitar o mercado dominical máis grande de Galicia. Cada domingo o Paseo do Espolón e o Campo do Souto énchense de postos de todo tipo de produtos. A mellor materia prima da gastronomía de Galicia, así como artigos artesanais de todo tipo, rodean a localidade.
Aproveita para encher a túa mesa este nadal con produtos de primeira calidade e goza dos peixes e mariscos recentemente chegados das rías galegas que poderás atopar no mercado de Padrón.
Ocórreseche un plan mellor para a ponte de decembro? Chama xa ao 981 811 312 e reserva connosco a túa escapada a Padrón.