A ponte de decembro chega xunto no momento ideal para desconectar antes da época do Nadal. Aproveita estes días libres para recuperar enerxías e desfrutar da gran oferta de actividades que propoñen Padrón e Santiago nestas fechas. Tanto como se queres vir de retiro espiritual como se prefires pasar un fin de semana en familia, no Grupo Hotel Scala estaremos encantados de recibirte do 5 ao 10 de decembro.
Cun libro na man
Aínda que non todos a coñecen, a moitos lles sona Padrón por ser a cidade da célebre poetisa Rosalía de Castro. Aínda que ler calquera das súas obras xa é un bo plan de ponte en sí, dende o Scala querémosche propor a Casa de A Matanza, que é a Casa Museo dedicada á autora. Rosalía viviu os últimos anos de vida entre as súas paredes, e é alí onde se conservan obxectos persoais seus e as versións orixinais das súas obras. Visita a Casa Museo e descobre unha parte da literatura galega como nunca antes.
En decembro, a comida en quentiño
En decembro as temperaturas baixan e o que máis apetece é sentarse á mesa cun prato ben quentiño. No noso Asador do Pazo poderás degustar as mellores creacións do noso chef Oscar Vidal, cociñadas con produtos de primeira calidade e listas para facerche entrar en calor. Goza do noso ambiente acolledor mentres degustas as mellores carnes premium á brasa e os produtos máis frescos das hortas de Padrón.
Unha oferta adaptada os teus gustos
Se o teu plan é pasar un par de días que escapen da rutina, nosa Oferta fin de semana é ideal para ti. Reserva dúas noites con almorzo de buffet incluído e regalarémosche a comida ou cea do último día. Se estás a pensar en aproveitar estas mini-vacacións para visitar a capital galega, no Scala temos preparada unha Oferta Especial Escapada Cultural con aloxamento de dúas noites que che levará aos tellados da Catedral ou a unha visita polo emblemático edificio e o seu museo. E se o que buscas é degustar os mellores produtos da ría galega, dispoñemos da Experiencia Galicia que suma ao teu aloxamento con dúas noites, unha extraordinaria mariscada no restaurante Hotel Scala.
Reserva xa a túa escapada para a ponte de decembro co Hotel Scala e recibe as festividades do Nadal con enerxías renovadas. Esperámosche!