Chega decembro e con el acábanllenos as follas do calendario. E non poderiamos ter máis ganas de comezar o de 2018. Con tantas pontes, festivos e celebracións a tan só uns minutos do noso hotel, ¿como non imos estar emocionados? Dende o Grupo Hotel Scala recompilamos para ti as mellores datas para organizar as túas vacacións e gozar das marabillosas habitacións do noso hotel.
Non hai mellor maneira de empezar o ano que con diversión e amor, por iso convidámosche ao noso hotel, moi preto de Padrón e de Santiago, onde poderás gozar das súas preciosas comparsas de Entroido o domingo 11 e dun día de San Valentín ideal. Reserva unha noite de en soño o día 13 no noso hotel e goza dunha cea romántica para dous!
Semana Santa é unha das mellores datas para organizar unhas vacacións en familia. Planea a túa escapada para o xoves pola tarde e aproveita a ponte ao máximo, desde Venres Santo, 30 de marzo, ata domingo de Pascua, un de abril. Ademais, achegarse a calquera municipo nestas datas é unha gran oportunidade para presenciar todas as procesións e actos que se organizan en torno a estas festividades.
Este verán 2018 o teu mellor plan é vir ao Hotel Scala. Tanto se buscas praia coma se prefires cultura, todos os plans están a un paso das nosas instalacións. Achégate á Ría de Arousa para un baño nas mellores praias das Rías Baixas, ou visita Santiago no seu día grande, o 25 de xullo -día do Apóstolo-. Aconsellámosche chegar o 24 de decembro para gozar do maxestuoso despregamento de fogos artificiais e hologramas en plena Praza do Obradoiro.
Como é ben sabido, outubro é un mes ideal para visitar Santiago. As rúas énchense de follas de varias tonalidades avermelladas e as rúas cheiran a castañas. Por iso, propoñémosche aproveitar a ponte da Hispanidade. O mellor plan? Escaparse o xoves 11 pola tarde e aproveitar o venres 12 para coñecer todos os encantos da cidade. Outra opción é visitar Padrón, que conta cun precioso xardín botánico no que presenciar todos os encantos do outono.
A túa escapada máis terrorífica está en Galicia. Terra chea de meigas, mitos e lendas, somos a destinación idónea para pasar o Samhain e de Todos os Santos. Se, polo contrario, prefires unha escapada máis cultural e de relax, Santiago e Padrón seguen a ser unha boa opción. Reserva o mércores 31 e queda no noso hotel nesta ponte tan longa (do martes 30 ao domingo 4 de novembro). Unha ocasión perfecta para coñecer ambas localidades e gozar das numerosas actividades ao aire libre preto do Grupo Hotel Scala.
Con tantas datas e plans onde escoller, seguro que xa estás a desexar organizar as túas vacacións ideais. Non te preocupes, no Grupo Hotel Scala temos unha habitación esperando por ti; resérvaa xa e regálate unhas vacacións de luxo!