A vida da poetisa Rosalía de castro, probablemente autora da mellor lírica feita en España no século XIX, está intimamente ligada á terra na que viviu, sorriu e padeceu melancolía e desenganos. Foi nas beiras do Sar onde brotaron versos como estes: “¡Tan fermosa é a túa veiga, oh Padrón, oh Iria Flavia!/ Mais a calor, a vida xuvenil e a zume/que extraín do teu seo/ como o sedento pícaro o doce mollo extrae/ do peito branco e cheo/ da miña existencia escura no torrente amargo/ pasaron, cal varrida pola inconstancia cega/ unha visión de armiño, unha ilusión querida/ un suspiro de amor.” nos que o mundo interior da poetisa enlaza coa paisaxe da nosa comarca, que encarna como parte polo todo, o horizonte de Galicia. O grupo Hotel Scala ten o honor de ocupar un dos lugares que influíron na formación lírica de nosa poetisa inmortal. O Pazo de Arretén forma parte da ruta Rosaliana, un camiño poético polas terras do Sar-Ulla.
A ruta lévanos desde o lugar no que naceu Rosalía de Castro, nunha casa que non se conserva e que estaba situada no antigo Camiño Novo, en Santiago de Compostela, ata o Panteón dos Galegos Ilustres, no Museo do Pobo Galego, tamén situado nesta cidade.
Entre o punto de nacemento e morte, percorreremos Ortoño, Bastavales, o pazo de Hermida, Padrón, o Pazo de Arretén e a Casa da Matanza.
O lugar de Ortoño significa a infancia de Rosalía de Castro. Alí pasou a nenez, en casa da súa familia paterna --o seu pai era o sacerdote José Martínez Viojo, polo que non podía facerse cargo dela-- e adquiriu as súas primeiras vivencias e impresións. O lugar de Ortoño quedou inmortalizado no decimo cuarto poema de Cantares Galegos titulado Acolá enriba.
Bastavales, esta importante parroquia do arcebispado de Compostela está situada nun lugar mítico para o relato da chegada do Apóstolo, pois aquí está situado o castro Lupario, lugar onde a tradición sitúa a corte da raíña Lupa. Conta cunha igrexa de tradición neoclásica cuxas campás inspiraron o famoso poema Campás de Bastabales undécimo poema de Cantares Galegos.
O Pazo de Hermida, situado en Lestrove, está ligado á actividade creativa de Rosalía de Castro e á súa vida familiar porque aquí naceron os seus fillos Ovidio e Gala. Alí pasou longas tempadas e quizais grazas ás privilexiadas vistas do val do Sar-Ulla e a veiga de Lestrobe, inspirouse para compoñer algúns dos seus poemas máis famosos, como Como chove miudiño.
Padrón é outro dos lugares significativos para a poetisa. Aquí viviu na rúa Juan Rodríguez, paseou polas beiras do Sar e pasou tempo no Xardín Botánico.
Ao deixar atrás a vila de Padrón, si seguimos a ruta de Rosalía téndevos/tédevos que parar no noso Pazo de Arretén. Esta casa solariega galega, restaurada con consinto e aberta ás visitas do público, foi o fogar da familia materna de Rosalía de castro. Os pais de Teresa de Castro esperaban á súa neta e aquí pasou algúns dos momentos máis emotivos da súa mocidade. Dedicoulle un poema en Follas Novas titulado Pazo de Arretén.
A Casa de Matanza alberga na actualidade ela Casa Museo de Rosalía de Castro. Chegamos ao momento culminante da nosa ruta. Aquí viviu Rosalía de castro xunto ao seu marido e a súa familia durante os dous últimos anos da súa vida, que se apagou en 1885. Aquí atoparemos edicións das súas obras, recordos familiares, obxectos curioso. No segundo piso reprodúcese como era a casa na época na que viviu a poetisa.
O horario de cása museo é o seguinte
De xullo a setembro: 10.00-14.00 horas e de 16.00-20.00 horas
Resto do ano: 10.00-13.30 horas e de 16.00-19.00 horas
Luns está pechado.
Domingos e festivos: 10.00-13.30 horas.