A un paso do Grupo Hotel Scala atópase Padrón, unha vila coñecida por ser un lugar cheo de literatura. En Padrón viviu os seus últimos anos a soada poetisa do Rexurdimento Galego, Rosalía de Castro. Hoxe, a que foi a súa casa converteuse nun museo que debes visitar se vés a coñecernos, e máis desde que a fundación puxo tanto esforzo e agarimo na súa remodelación e renovación. Listo para coñecer o mellor de Rosalía?
Unha casa convertida en museo
Conservar un monumento como a casa de Rosalía, que conta con máis de 100 anos de antigüidade, pasa por unha obrigada remodelación do edificio. Por iso, en 2012 comezaron as obras para o seu acondicionamento e a súa nova condición de museo. Desta forma, numerosos visitantes poden achegarse a Padrón e experimentar de primeira man a atmosfera e o ambiente que inspirou as últimas obras da escritora.
Unha Rosalía dixital
En 2015, tras 40 anos coas portas abertas ao público e numerosas visitas ilustres, o museo da casa de Rosalía de Castro necesitaba unha reforma que se adaptase aos novos tempos. Por iso, a fundación decidiu reorganizar o marabilloso patrimonio que a escritora nos deixou; incluíndo audio guías, pantallas nas que se poden ler as súas obras e escritos, así como breves vídeos sobre ela. Unha visita obrigada para coñecer a importancia da súa figura para a lingua galega e a súa literatura.
As flores do seu xardín
As camelias chegaron a Galicia no século XIX aos xardíns e pazos da nobreza desde as afastadas terras de Oriente. Estas delicadas e enigmáticas flores cativaron aos galegos de entón e agora constitúen unha preciosa Ruta das Camelias, que non podes deixar de visitar. Para a túa sorte, o pazo da casa de Rosalía de Castro conta cun dos xardíns que conforman esta ruta. E se decides visitarnos este febreiro, debes saber que o 17 e 18 organízase no Mosteiro do Carmen unha marabillosa exposición desta flor tan querida.
Non o dubides máis e reserva co Grupo Hotel Scala a túa escapada literaria á terra da poetisa Rosalía de Castro, e descobre todos os ambientes, paisaxes e contornas que a inspiraron durante os seus últimos anos de vida. Estamos a esperarche!