As vacacións de Semana Santa achéganse e seguro que estás desexando tomarte ese merecido descanso e gozar das festas propias destas datas. Por iso, desde o Grupo Hotel Scala queremos animarche a vivir a Semana Santa de Padrón, unha localidade que se atopa a poucos minutos do noso Hotel Scala pero o suficientemente apartada para que poidas descansar. Padrón é coñecido por contar cunhas festividades especialmente longas, que se compoñen de festexos con orquestras, actuacións e atraccións de feira, así como con actos relixiosos e eventos deportivos. Queres saber máis sobre a Pascua e Pascuilla padronesa? Segue lendo!
Procesións únicas para vivir a Paixón
As procesións de santos son un dos principais atractivos turísticos das localidades galegas; e como non podería ser menos, tamén o son de Padrón. Entre elas destacan as do Encontro, o Santo Enterro, Os Caladiños e a Santa Cruz do Calvario, a máis rechamante para turistas e locais xa que sae ás 23:30 da noite e está composta por fieis con capuchóns facendo ruído coas súas carracas, unha banda de percusión e devotos con cadeas atadas aos seus pés descalzos.
Ambiente festivo de día, e de noite!
Aproveitando que veciños e visitantes saen á rúa para ver os pasos, Padrón énchese de postos de polbeiras, atraccións de feira, postos ambulantes e toda a xolgorio das festas. Esta é unha experiencia ideal se nos visitas en familia, xa que tanto pequenos como maiores dispoñerán de numerosas formas de diversión e pasar un bo intre. Ademais, que mellor ocasión para degustar a gastronomía galega? Á noitiña, a festa continúa, xa que diferentes orquestras ofrecerán as súas actuacións para todos os que se animen a danzar ata altas horas da madrugada.
Feira cabalar para sumerxirse nas nosas tradicións
Outro dos atractivos destas datas é a xa tradicional Feira Cabalar, durante a que se sucederán espectáculos ecuestres, concursos entre exemplares de pura raza e cruzados, carruseis de doma e outras moitas actividades. Pero as celebracións en Padrón non se terminan o domingo 1 de Pascua. Alonga a túa estancia no noso Hotel Scala porque neste xovial pobo as festas seguen ata o domingo 8 de Pascuilla: unha semana enteira de música, bailes folclóricos, pasarúas con cabezudos e outras tradicións tipicamente galegas.
E para descansar... o Grupo Hotel Scala!
Non esperes máis e reserva xa a túa estancia no Grupo Hotel Scala, e goza das túas mellores vacacións de Semana Santa con todo o confort e comodidade. Vive as celebracións de Pascua máis intensas e déixate marabillar polo encanto de Padrón! Esperámoste.