Nesta época do ano, Galicia loce as súas mellores galas e empápase do espírito do Nadal deixando estampas ás que nin o mismísimo Grinch podería resistirse. Xa vos falamos dos plans do Nadal dos que podedes gozar por toda a zona máis próxima ao Scala, pero Padrón tamén é o punto de partida perfecto para coñecer o resto de Galicia e, por tanto, o seu máxico nadal.
Vive un nadal de ilusión en Vigo
Como xa saberedes, Vigo leva a palma, converténdose na capital do Nadal por excelencia. Aínda non viches a súa espectacular iluminación? Colle a AP-9 dirección Vigo e, desde o noso hotel, atoparaste alí en escasos 50 minutos. Coñece a maxia do fogar das luces, onde unha inigualable iluminación e decoración festiva percorren as rúas principais creando un ambiente difícil de explicar con palabras.
10 millóns de luces led de todas as cores e formas iluminan Vigo estas festas. Paseando pola cidade, poderás atoparche cunha insmensa bóla do Nadal, un gran boneco de neve ou unha enorme caixa de agasallo. Capitaneando o lugar, unha árbore luminosa de 32 metros de altura e unha nora xigante. Ademais, por se fose pouco, máis de 60 canóns de neve dan o toque de maxia para que realmente te sintas como nun conto do Nadal. Igual que en Pontevedra, A Coruña, Santiago ou Lugo, atoparás tamén un mercado de Nadal ao longo da Alameda da localidade.
Outros imprescindibles este nadal
Estando en Padrón, Santiago de Compostela é de obrigada visita. A media hora do noso hotel atópase a capital galega, que tamén se mostra espectacular nestas datas. Poderás ver o seu precioso centro histórico iluminado por bonitas luces en forma de todo tipo de siluetas e grandes cortinas. Na Praza do Obradoiro, un gran e fermosa árbore acompañada dun nacemento e un carrusel, iluminan a fachada frontal da catedral.
Non podemos tampouco deixar de mencionar o Belén Artesanal en Movemento de Valga. Nesta localidade moi próxima a Padrón, atópase este curioso nacemento declarado de Interese Turístico Autonómico do que xa vos falamos noutras ocasións. Está composto tanto polos personaxes tradicionais destas festas como por figuras famosas do panorama nacional e internacional. É, sen dúbida, un indispensable no teu nadal en Galicia.
Antes de deixar Padrón, non esquezas achegarche ao seu mercado dominical, o máis grande de Galicia, e aproveita para encher a túa mesa estas festas cos mellores produtos galegos de primeira calidade.
Esperámosche no Hotel Scala para vivir o nadal galego da mellor maneira. Reserva xa e non te quedes sen a túa escapada a Padrón nestas festas.