Como cada primeiro domingo de agosto, ten lugar a tradicional Romaría Viquinga de Catoira, unha Festa Declarada de Interese Turístico Internacional a un paso do noso Hotel Scala. Se nunca fuches, aproveita este ano que volve o desembarco viquingo. Pois, será o día 7 de agosto cando teña lugar esta recreación das invasións sufridas fai mil anos. Queres saber máis?
Por fin! Padrón volverá acoller unha das súas festas máis populares nos últimos anos. Asnot, que naceu en forma de parodia, converteuse nun evento esperado para todos, e é que a elegancia chegou para animar á vila, esta vez, durante tres días. Volve Asnot! Prepárate para festa máis divertida de Padrón.
Se estás a buscar un lugar con encanto preto de Padrón, estás pensando en Combarro. Este recuncho da provincia de Pontevedra, namora a todos polos seus hórreos e as súas rúas empedradas. Se visitas o noso Hotel Scala este verán, non podes perderte este pobo do sur. Hoxe contámosche o plan perfecto: unha escapada de fin de semana de Combarro a Padrón.
O verán está a piques de comezar e con el, sempre xorden plans e escapadas. Polo que, se tes programada a túa visita á nosa vila, debes saber onde comer en Padrón co noso Grupo Hotel Scala, pois non faltará a variedade. Nós sabemos que ás veces é difícil acertar coas propostas gastronómicas. Así que, imos alá!
Queda tan só un mes para rematar a primavera e dar comezo ao verán, sabes que esta é unha das mellores épocas para facer o Camiño de Santiago? Aínda que todos os momentos do ano son boa opción para converterse nun auténtico peregrino, hoxe no Hotel Scala contámosche 5 motivos para facer o Camiño de Santiago na primavera.
Se es galego saberás que o próximo martes 17 de maio é festivo en Galicia e, sobre todo, que é o Día das Letras Galegas. Isto en Padrón é algo moi relevante, polo que tamén o será para o Hotel Scala. Queres saber por que? Pois quédate a ler o noso post e descobre toda a vinculación que teñen as nosas letras con Padrón e algúns dos Concellos que están a un paso da vila.
Unha vez que vos decidistes a dar o paso, comeza a planificación do enlace. O lugar de celebración é unha das primeiras cousas que tedes que escoller, xa que hai que ter en conta distintos aspectos e o tempo bótase encima. Aproveitando que nós, o Grupo Hotel Scala, temos unha gran experiencia en eventos, queremos contarvos as nosas 5 claves para elixir o lugar perfecto onde celebrar a vosa voda.
Se es do noso municipio, seguro que estabas a desexar que chegase este gran acontecemento. As festas da Pascua volven a Padrón! Este mes de abril por fin recuperamos na vila a nosa festividade máis importante. E é que, desde o sábado 2 ao domingo 24 de abril, non faltarán as actividades en Padrón. E, por se aínda non consultaches a espectacular programación deste ano, hoxe resumímoscha para que poidas decidir cando visitarnos. Presta atención!
A pasada fin de semana comezou en Padrón a VIII Edición das Xornadas Gastronómicas da Lamprea. Se non puideches asistir, non te preocupes, este ano aínda podes probar a lamprea á nosa maneira os días 25, 26 e 27 de marzo, días nos que se poñerá fin a este evento que nos acompañou nos últimos anos. Queres saber o noso menú?