Foto: El Correo Gallego
Se estás a buscar un lugar con encanto preto de Padrón, estás pensando en Combarro. Este recuncho da provincia de Pontevedra, namora a todos polos seus hórreos e as súas rúas empedradas. Se visitas o noso Hotel Scala este verán, non podes perderte este pobo do sur. Hoxe contámosche o plan perfecto: unha escapada de fin de semana de Combarro a Padrón.
O centro histórico de Combarro trátase dunha paisaxe espectacular para todo o que o visita. As súas rúas de pedra compóñense de hórreos, cruceiros e praias e é que, Combarro, é un dos pobos máis bonitos de Galicia.
Rúa do Mar é a rúa pola que debes empezar a camiñar en Combarro, pois é aí onde comezarán a aparecer, a cada paso, os seus hórreos. Estes, ademais, estarán rodeados de restaurantes e de pequenas tendas de artesanía e lembranzas. Seguro que caes na tentación de levarte algún recordo para casa!
Combarro tamén é o pobo dos cruceiros, pois hai un total de 9 e 7 deles están no centro histórico. Así que, na túa visita a este lugar atoparás moitas prazas con estes elementos!
Ademais de hórreos e cruceiros, en Combarro tamén te atoparás cunha praia urbana preto do centro, e xusto á beira temos un cruceiro que será un dos mellores miradoiros de Combarro.
Este pobo trátase dun dos lugares máis turísticos de Galicia ao ser orixinal e diferente, de feito, foi declarado Conxunto Histórico Artístico. Vale a pena perderse polas súas rúas!
E despois da túa visita a Combarro, a túa parada obrigatoria está en Padrón! Todo viaxe debe rematar ben e, para iso terás que gozar dun riquísimo manxar no noso novo Restaurante Brandal.
Para quedar con bo sabor de boca no final da túa escapada de fin de semana de Combarro a Padrón, has de darte unha homenaxe. Viches a carta de Brandal? O noso novo restaurante atópase nunha sala do Hotel Scala e é aí onde poderás probar pratos tradicionais da nosa gastronomía pero que non escapan da innovación. Fai a túa reserva na nosa web ou directamente no 981 811 312, agardámoste!