Unha vez que vos decidistes a dar o paso, comeza a planificación do enlace. O lugar de celebración é unha das primeiras cousas que tedes que escoller, xa que hai que ter en conta distintos aspectos e o tempo bótase encima. Aproveitando que nós, o Grupo Hotel Scala, temos unha gran experiencia en eventos, queremos contarvos as nosas 5 claves para elixir o lugar perfecto onde celebrar a vosa voda.
Elixir onde celebrar a vosa voda non é unha tarefa fácil e sabémolo, pero nós queremos axudarvos con 5 claves que debes ter en conta para elixir o lugar perfecto onde celebrar a vosa voda. Veredes que, con estes 5 aspectos claros, todo será máis sinxelo, só tedes que prestar atención. Imos alá!
1. A localización xeográfica. Normalmente as parellas elixen lugares próximos a onde eles habitan, pero tamén hai quen prefire afastarse un pouquiño máis. Nese caso, debedes ter en conta a accesibilidade do lugar e facilitar distintas opcións para que os vosos invitados poidan chegar sen ningún tipo de problema, por exemplo, proporcionando transporte. É dicir que, tedes que asegurarvos de que todos os vosos invitados teñen a información necesaria para evitar contratempos. Unha vez que decidades a localización xeográfica, recortar a zona será moito máis fácil.
Ademais, para os invitados tamén será moi cómodo ter cerca un lugar onde poidan aloxarse. Por exemplo, os que elixan casarse no noso Pazo Arretén, poden desfrutar de todas as comodidades no Hotel Scala, un lugar que forma parte do mesmo grupo e que ofrece unha gran capacidade de aloxamento. Todo facilidades!
2. O lugar da cerimonia será o mesmo que o da celebración? O segundo aspecto para ter en conta é se queredes celebrar o voso enlace no mesmo lugar que o banquete e a festa, pois nese caso descartarás rapidamente moitas das ofertas da zona. A celebración debe realizarse nun lugar o máis próximo posible á cerimonia para que os desprazamentos sexan curtos. Aínda que tamén, outra opción é elixir un espazo onde poder realizar a vosa cerimonia civil e celebrar o banquete, por exemplo, o noso Pazo Arretén.
3. Un lugar axustado ao número de invitados. O lugar onde celebrar a voda estará marcado polo número dos vosos invitados. Pois canto máis longa sexa a vosa lista, máis teredes que fixarvos na capacidade do lugar, xa que será necesario contar cun espazo amplo onde os vosos familiares e amigos estean cómodos. O noso Pazo Arretén, por exemplo, conta con capacidade para 300 comensais. Seríavos suficiente?
4. Cociña propia ou non. Elixir o lugar de celebración da voda implica escoller o espazo onde ides gozar do banquete. Por iso, a comida será outro dos aspectos que debedes ter moi presente. Recomendámosvos que escollades un lugar con cociña propia, pois, por exemplo, en Pazo Arretén elaboramos os menús in situ e ao momento de ser servidos, algo que ten unha maior garantía de calidade e que fará que os invitados queden máis satisfeitos. Teno en conta!
5. Que non falten os extras. Por último, algúns dos aspectos clave para ter en conta son saber se contaredes cunha decoración en especial para ese día, posto que hai lugares que acompañarán mellor a estética. O noso Pazo Arretén conta cunha decoración especial por si mesmo, rodeado de xardíns e de máis de 5 hectáreas de viñedos. A experiencia do equipo tamén é fundamental para un maior éxito e profesionalidade en cada momento da voda e, ter un espazo para que os invitados poidan aparcar os seus coches ou, contar cunha zona para que os máis pequenos poidan divertirse xogando, son outros dos puntos que debedes ter en conta para garantir unha mellor experiencia aos vosos amigos e familiares.
Planear unha voda non é fácil e sabémolo, pero esperamos que estas 5 claves vos axuden a elixir o lugar perfecto onde celebrar a vosa voda de maneira moito máis rápida. Se necesitades facernos calquera pregunta ou contactar co Pazo Arretén para pedir máis información podedes facelo no 981 811 312 ou enviando un correo a eventos@hscala.com. Seguro que cumpre con todos os vosos requisitos!