A pasada fin de semana comezou en Padrón a VIII Edición das Xornadas Gastronómicas da Lamprea. Se non puideches asistir, non te preocupes, este ano aínda podes probar a lamprea á nosa maneira os días 25, 26 e 27 de marzo, días nos que se poñerá fin a este evento que nos acompañou nos últimos anos. Queres saber o noso menú?
No mes de xaneiro comezou a tempada da lamprea e, aínda que ao principio había moita escaseza, agora, este prezado peixe típico da zona do Ulla, xa está no noso restaurante. Queres vir probar os menús lampreeiros?
Os días 18, 19 e 20 de marzo comezaron as VIII Xornadas Gastronómicas da Lamprea, un evento gastronómico que acabará o domingo 27 do mesmo mes. E, para estas dúas fins de semana, cada un dos restaurantes participantes crearon uns menús lampreeiros específicos. Sabes como é o noso?
O Restaurante do Hotel Scala xa ten o seu propio menú para encandear aos amantes deste histórico peixe. Este ano, a nosa proposta empeza por uns primeiros a elixir que son, croquetas de lamprea ou, empanada de lamprea.
De segundo, prepararemos a lamprea á bordelesa, unha receita con moita tradición. E, aínda que esa é a maneira máis típica de cociñala, no Hotel Scala tamén cociñaremos un riquísimo risotto de lamprea. Así, ninguén quedará coas ganas de probar a lamprea en diferentes manxares.
E por suposto, contaremos con sobremesa a elixir, viños da casa, auga, refresco, café e licores. Se es un amante da lamprea ou, se queres probala por primeira vez, non atoparás unha ocasión mellor que esta para degustar este prezado e histórico peixe ao que moitos, chaman monstro ou vampiro.
Este completo menú poderás gozalo por só 40€ con previa reserva no 981 811 312. Esta fin de semana, esperámoste en Padrón. Ven a degustar o noso menú lampreeiro!