Queda tan só un mes para rematar a primavera e dar comezo ao verán, sabes que esta é unha das mellores épocas para facer o Camiño de Santiago? Aínda que todos os momentos do ano son boa opción para converterse nun auténtico peregrino, hoxe no Hotel Scala contámosche 5 motivos para facer o Camiño de Santiago na primavera.
A primavera é unha das mellores opcións para facer o camiño se non queres moito calor nin ondas de frío. Se viaxas á capital galega a partir do mes de abril, aínda que as noites son frescas, as temperaturas durante o día son moi agradables.
Fiado co anterior tamén podemos falar da equipaxe, pois ao facer o camiño nunha época de mellores temperaturas, non necesitarás tanta roupa de abrigo. Por tanto, cargar coa túa mochila non será tan pesado como nos meses máis fríos de ano.
O verán é un dos meses favoritos para moitos para facer o Camiño, por iso, é nesta época cando os albergues teñen unha maior ocupación. Se non queres verte apurado cos aloxamentos, podes aproveitar para facer o camiño na primavera, notarás a diferenza.
Non só para os albergues, senón que, ao facer o Camiño fóra da tempada alta, poderás gozar dunha maior oferta na gastronomía galega, pois será máis fácil atopar mesa nos lugares máis típicos do Camiño. De feito, se realizas o Camiño Portugués, non pode faltar unha visita ao noso novo Restaurante Brandal, situado nunha sala do Hotel Scala. Planéao con tempo para facer o teu reserva!
Ademais, nesta época tamén comezan as verbenas e festivais galegos ao longo dos pobos polos que pasa o Camiño. Por exemplo, desde o 25 ata o 29 de maio en Santiago de Compostela podes gozar das festas da Ascensión, e en xuño de O Son do Camiño.
Aínda que neste post enfocámonos en facer o Camiño nesta primavera, a verdade é que independentemente da época que escollas para camiñar a Santiago, esta será unha experiencia fascinante. Reserva a túa noite no Hotel Scala para esta primavera e fai a túa parada en Padrón, o último suspiro antes de chegar á impresionante Catedral.