Padrón prepárase para unha nova apertura neste mes de marzo. E é que, desde hai un tempo, estamos a traballar para traervos unha gran sorpresa. A nosa familia medra con Brandal, o novo restaurante do Grupo Hotel Scala. Queres saber máis sobre el?
Toma nota porque o novo restaurante do Grupo Hotel Scala xa ten data de apertura. O sábado 12 de marzo de 2022 este novo local, situado no mesmo recinto que o Hotel Scala e o Asador O’Pazo, abrirá as súas portas. Restaurante Brandal será unha nova oportunidade para servir aos clientes con diferentes propostas gastronómicas.
O Grupo Hotel Scala, cunha gran experiencia, leva anos encandeando o padal de todas as persoas que se achegan a gozar dos seus pratos. Por unha banda, o Hotel Scala, especializado en comida caseira e menús do día e, por outro lado, o Asador O’Pazo que, cun Sol Repsol céntrase en propostas máis innovadoras e gourmet. Agora, o Restaurante Brandal prepárase para atendervos con algúns dos pratos máis emblemáticos do noso grupo e receitas clásicas da gastronomía galega elaborados con materias primas premium.
Restaurante Brandal é un espazo que está pensado, sobre todo, para ocasións máis formais, onde o clásico e o exquisito se unen para sorprendervos en comidas de empresa, de familia ou días máis especiais. A comida galega será, unha vez máis, a protagonista das cociñas do Grupo Hotel Scala, pois o marisco, a carne e os peixes serán os pratos principais da súa carta.
Anota esta data no teu calendario porque o novo Restaurante Brandal está a piques de abrir as súas portas. O 12 de marzo esperámoste en Padrón para inaugurar un novo espazo do Grupo Hotel Scala. Xa podes ir reservando o teu asento no 981 811 312 para ser un dos primeiros en degustar os nosos novos pratos. Esperámoste!