O verán está a piques de comezar e con el, sempre xorden plans e escapadas. Polo que, se tes programada a túa visita á nosa vila, debes saber onde comer en Padrón co noso Grupo Hotel Scala, pois non faltará a variedade. Nós sabemos que ás veces é difícil acertar coas propostas gastronómicas. Así que, imos alá!
Se che gusta gozar dos pratos máis tradicionais da nosa gastronomía sen arriscar e a bo prezo, a túa parada obrigatoria é o Hotel Scala. Nel temos un menú do día moi completo, composto sempre por pratos típicos da nosa gastronomía galega e a moi bo prezo. E, ademais, dispoñemos de dúas cartas para quen prefira elixir o seu prato do día:
A carta do restaurante componse de entrantes como ensalada rusa ou lagostinos á prancha, carnes e peixes. Entre as carnes está o entrecosto de vaca, de tenreira ou secreto ibérico, aínda que tamén hai a opción de fusionar estas opcións. E, para quen prefire comer un bo preparado de peixe, hai lombo de pescada e espetada de rape con lagostinos.
Doutra banda, a carta da cafetería, ademais de ter pratos para picar, componse de bocadillos, hamburguesas e sándwichs. Propostas rápidas que non poden faltar!
Nas nosas cartas tamén haberá lugar para as sobremesas, por exemplo as nosas tortas: a de queixo ao forno ou a de milhojas. Dous imprescindibles que nunca fallan na sobremesa! E o mellor é que todos os nosos pratos se poden facer, por encargo, para levar e así gozalos na praia ou en calquera recuncho de Padrón.
No pasado mes de marzo o novo restaurante do noso grupo, Restaurante Brandal, abriu as súas portas nunha sala do Hotel Scala. Este espazo está pensado para ocasións especiais nas que se require dun servizo de calidade, e por iso, na carta de Brandal non faltarán os mariscos e peixes, como navallas, volandeiras, medallones de rape con queixo de tetilla… E tamén haberá lugar para as carnes, como chuletón e entrecosto de tenreira ou de vaca, perna de jarrete ou pa.
Á beira do noso Hotel Scala temos, cun Sol Repsol, Asador O’Pazo. Este recoñecido restaurante opta por unha proposta moi esixente, onde a calidade da materia prima é o principal.
Na súa web podes atopar a súa orientadora carta, pois esta actualízase todas as semanas para ofrecer sempre innovadoras propostas cos mellores produtos da nosa terra. Non o perdas!
Por cal destas tres opcións te decantarías este verán? Apunta os nosos 3 restaurantes e non te irás de Padrón con fame, estamos seguro. Fai a túa reserva para o Restaurante Hotel Scala ou para Brandal no 981 811 312 ou para Asador O’Pazo no 981 811 507. Esperámoste!