Imaxe: Asnot
O Ascot galego naceu en Padrón pero en forma de parodia. As carreiras de cabalos inglesas tamén están na nosa vila aínda que neste caso, cambiamos ós cabalos por burros. Iso si, o que se mantén é o glamour e a elegancia. Os sombreiros e as pamelas están presentes durante toda a festa e, cada ano, a participación aumenta.
Ademais de asegurarte a diversión, en Asnot non falta a música, os talleres e moitas outras actividades que se dirixen a un público de todas as idades. Este ano, ademais, convócase un concurso de bandas. Nel, cada artista ou banda tocará en directo coma se de música da rúa londiniense se tratásese.
Os asistentes preparan a súa indumentaria ao estilo británico para levar a elegancia a Padrón, imitando como sempre, á monarquía e á tradición inglesa. Unha festa diferente que, tanto os de Padrón como arredores, gozan cada vez máis.
Para compensar estes últimos anos, Asnot recuperará o tempo perdido. Pois como novidade, este ano a parodia de Ascot durará tres días. Xa non hai escusas! Se che gusta o bo ambiente, non podes perderte esta festa de Padrón.
Será a última fin de semana de xullo, cando os burros e o glamour cheguen á nosa vila. Xa sabes, reserva os días 29, 30 e 31 deste mes porque estamos seguros de que unha vez que veñas a Asnot, será unha data anotada no teu calendario ano tras ano.
O bo ambiente e o humor alónganse este ano! E por iso, non debes despistarte. Lembra reservar o teu aloxamento en Padrón. Fai a túa reserva no noso Hotel Scala, ben pola web ou no 981 811 312, e refréscate na nosa piscina antes de poñerte o sombreiro ou a pamela. Esperámoste na fin de semana máis especial de Padrón!