No restaurante do hotel Scala en Padrón somos moi previsores: xa estamos a organizar as ceas-baile de Nadal para que poidas reservar sitio cos teus amigos e compañeiros de traballo. Xa recibimos consultas para ir collendo mesa nas tan tradicionais celebracións de decembro nos nosos salóns. Recomendámosche que nos contactes con tempo suficiente porque normalmente adoitamos encher o aforamento.
Este 2016, no que cae Noiteboa e Fin de Ano en fin de semana, os ocos no calendario son poucos á hora de escoller un día para reunirse en grupo:
Este ano ofrecémosvos varias datas:
Menú especial
Propoñémosche o seguinte menú especial, aínda que poderás elixir entre as 5 propostas diferentes que preparamos para que todo estea ao teu gusto. Materia prima de calidade que inclúe marisco, unha opción de carne e outra de peixe, e viños Rías Baixas da nosa adega Pazo de Arretén. Non faltarán tamén sobremesas para os máis golosos e licores da casa.
Barra libre e música!
Lembra que por 15€ máis tes barra libre durante dúas horas e media. Tempo máis que suficiente para que o xefe perda un pouco as formas e se solte a bailar a lambada! A festa, para os máis animados, terminará na nosa discoteca Euro.
Descontos especiais en aloxamento
Como xa ben sabes, mellor non coller o volante se nos imos a pasar bebendo. Se queres asegurarte descansar e pasalo ben sen preocupacións, consulta as nosas tarifas especiais para as noites de ceas de grupo.
Ves ao restaurante hotel Scala a celebrar co teu grupo de amigos ou compañeiros agora que xa chega o Nadal?