Estamos na recta final do ano, 12 meses fantásticos nos que vivimos moi boas experiencias xunto aos nosos clientes. E aínda que o Nadal trae días para descansar e gozar coa familia; no Grupo Hotel Scala xa estamos a traballar para ofrecervos, en Padrón, un 2017 inigualable. Colle o calendario e planifica o 2017 connosco!
Febreiro: San Valentín e Entroido
Todo momento é bo para celebrar o amor pero, desde logo, non hai un día máis indicado que o de San Valentín. En 2017, o 14 de febreiro cae en martes, polo que podes organizar unha cea romántica para a túa parella no noso Asador O' Pazo. Lembra tamén que o martes de Entroido celébrase o 28 de febreiro, e que en Padrón o verdadeiro ambiente vívese coa celebración de Piñata: o sábado 4 de marzo.
Abril: Chega a Pascua!
En 2017 a Semana Santa cadra a mediados de abril, unha data sinala porque en Padrón celebramos a nosa festa grande: a Pascua. Os festivos serán os días 13 e 14, Xoves e Venres Santo; e a festa prolongarase durante todo ese fin de semana e ata o martes 18. Se non queres perder ulgunas das procesións máis bonitas de Galicia, as mellores orquestras e concertos, unha enorme feira con postos e atraccións e outros moitos plans culturais, reserva xa no Hotel Scala!
Maio: Ponte do Día Internacional dos Traballadores e Día dás Letras Galegas
O 1 de maio celébrase o Día Internacional dos Traballadores, o momento perfecto para organizar unha pequena escapada que nos permita desconectar das duras xornadas de oficina. Este ano cae en luns, polo que podemos gozar dun fin de semana longo sen consumir días de vacacións.
En Galicia, ademais, dispoñemos do festivo do 17 de maio, Día dás Letras Galegas. En 2017 será un mércores, polo que podemos organizar unha comida en familia no Asador O' Pazo ou xogar coas vacacións para sumar dous días máis e alongar o noso descanso ata o domingo.
Verán!
Se es deses aos que lles toca traballar todo o verán, non te preocupes porque en xullo e agosto tamén hai días festivos para que poidas descansar. O 25 de xullo, un martes, celébrase o Día do Apostol (e a festa do Santiaguiño de Padrón); e o 15 de agosto, tamén martes, o Día de Santa María.
Outubro: Día da Hispanidade
O xoves 12 de outubro celébrase o Día da Hispanidade, polo que facendo ponte o día 14, poderemos gozar dunha longa escapada de 4 días. Outubro é, ademais, o mes perfecto para coñecer a parte máis descoñecida da gastronomía da nosa zona gozando dun bo menú de outono.
Novembro: Día de Todos os Santos
O 1 de novembro, Día de Todos os Santos, será un mércores en 2017. Un bo momento para atreverse cunha das moitas rutas de sendeirismo que se atopan na comarca padronesa.
Decembro: Ponte da Constitución e a Inmaculada
Como é habitual, a ponte máis longa do ano celebrarémolo en decembro cos días da Constitución e a Inmaculada. Este ano celebraranse o mércores 6 e o venres 8, polo que temos uns días fantásticos para descansar e empezar a facer as compras do Nadal. O 25 de decembro, día de Nadal, caerá ademais en luns.
Non perdas máis tempo: aproveita as nosas ofertas e planifica o 2017 para sacar o máximo partido ás túas vacacións en Padrón!