En Padrón xa estamos totalmente inmersos no nadal, e desde o Grupo Hotel Scala estamos a desexar recibirche para que poidas gozar connosco dalgúns dos plans do Nadal máis tradicionais. E é que se hai algo típico do nadal, iso son as árbores, as guirnaldas, as luces e, sobre todo, os beléns. E no Hotel Scala témolo todo!
A tan só 10 minutos en coche das nosas instalacións atópase a localidade de Valga, un municipio moi coñecido nestas datas porque nel constrúese, desde 1995, o belén artesanal en movemento máis grande de Galicia. Este nacemento, que no ano 2013 foi nomeado Festa de Interese Turístico da comunidade, está formado por máis de 3.000 figuras distribuídas nun espazo de 250 metros cadrados. Pero ademais do seu tamaño e das pezas mecanizadas, o que o converte nun belén verdadeiramente especial son as súas representacións.
No nacemento, ademais da típica estampa do deserto, as palmeiras, o portal co neno ou as ofrendas dos Reis e os pastores, os visitantes poderán atopar mostras típicas da cultura popular do rural galego: a matanza do porco, a vendima e a elaboración do viño, a colleita do millo, os bailes e xogos tradicionais ou os paseos da Santa Compaña.
Ademais, o Belén de Valga está repleto de figuras de personaxes ilustres e famosos, tradicionais e de actualidade, de Galicia e Internacionais: no seu espazo conviven Rosalía de Castro cos debates electorais, Castelao con Belén Esteban ou a Selección Española de Fútbol. Cada ano van cambiando os personaxes, e entre eles atópase un dos alicientes favoritos dos turistas para visitar a construción: atopar ao famoso oculto. Quen o consiga e acerte a súa identidade, pódese levar a casa unha das pezas do nacemento.
Outra das peculiaridades deste belén é que é totalmente artesanal: todo está elaborado a man polos veciños, moitas veces con materiais reciclados, e todo cambia cada ano. Os decorados e as figuras están feitos con papel, escaiola, pasta de modelar, arame, madeira, pedra e tea; e os motores son reutilizados de limpiaparabrisas, cepillos de dentes e outros utensilios eléctricos. Para facer posible a montaxe do nacemento utilízanse preto de 8.000 lámpada, 30 mil metros de cables e varias bombas de auga, e os fenómenos atmosféricos como a choiva, a neve ou os tronos, conséguense cun computador e un programador.
Por todo isto, un 40 mil persoas visitan cada ano as instalacións nas que se atopa o belén. Se ti tamén queres coñecelo, descobre as nosas ofertas ou a nosa promoción especial de Fin de Ano, con aloxamento, cea e almorzo no Hotel Scala por só 135 €. Non o perdas!