A semana pasada tivemos unha visita moi especial no hotel Scala: A Garda Real. Este especial corpo de seguridade atopábase de paso por Padrón realizando o Camiño de Santiago Portugués, e grazas a esta circunstancia puidemos coñecer un pouquiño máis sobre o seu traballo e tivemos a oportunidade de achegarnos aos responsables da seguridade dos nosos monarcas.
Desde o noso blogue dámosvos algúns apuntamentos sobre o seu funcionamento e composición.A Garda Real é unha unidade denominada de "interexércitos", é dicir, está formada por representantes do Exército de Terra, a Armada, Exército do Aire e Corpos Comúns das Forzas Armadas. Unha peculiaridade son os seus uniformes, que representan o espírito de tradición do traballo que desempeñan, sumado á modernidade que deben transmitir, seguindo a liña dos nosos reis, buscando sempre un reinado acorde coa actualidade.
As localizacións deste corpo de seguridade son tres: acuartelamento situado no municipio do Pardo en Madrid, un destacamento en Palma de Mallorca e as instalacións da Unidade de Música no Palacio Real de Madrid. Localizacións que as súas altezas frecuentan con asiduidade en diferentes momentos do ano.
Desde o Grupo Hotel Scala queremos enviar un cariñoso saúdo ao grupo que nos seleccionou para descansar tras intensas xornadas camiñando na bonita ruta que chega a Compostela desde Portugal. Un pracer ter hóspedes tan distinguidos e que desempeñan unha función tan importante para a Casa Real. Agradecerlles esta bonita insignia que nos regalaron, e que nos quedará de recordo nas nosas instalacións, como reflexo dun breve pero bonito encontro.
O Camiño de Santiago é unha magnífica oportunidade para mellorar a relación entre compañeiros e facer crecer o espírito de equipo. Ademais, unha forma de manterse en forma mentres podemos descubrir a cultura, natureza e historia de miles de pobos e cidades polos que pasa esta ancestral ruta.
Anímasche a facer unha parada no noso hotel o día antes de acabar a ruta Xacobea e entrar na cidade do apóstolo descansado "como Deus manda"?