Agora que estamos no verán, propoñémosvos algunhas praias a poucos quilómetros do Grupo Hotel Scala para cando decidades cambiar o mergullo na nosa piscina, por un na Ría de Arousa ou no río Ulla. Unha pequena excursión á praia, sempre é un gran plan cando loce o sol!
Arousa Norte: Rianxo: Praia das Cunchas
Foto: Turismo de Galicia
A máis próxima ao noso hotel. Rianxo, vila mariñeira famosa polas súas xoubas, dispón de praias pequenas pero acolledoras, moi protexidas do vento, e de fácil acceso desde a estrada nacional. A praia das Cunchas, que recibe o seu nome polas numerosas cunchas de berberecho que hai sobre a súa area, dispón de sombras e bosque, unha condición que a fai perfecta para ir cos máis pequenos e gozar dun bo picnic. Con augas cristalinas moi tranquilas, ideal para nadar. Conta con chiringuitos, aparcadoiros amplos e vixilancia.
Arousa Norte: Ribeira: Praia da Ladeira
Foto: Turismo de Galicia
A preto de media hora en coche, esta praia de contorna virxe é de moi fácil acceso a través da vía rápida do Barbanza. Area moi fina branca e augas acougadas, con lixeiras ondas, ideais para practicar windsurf, atópase a poucos metros do complexo lagunar e as dunas de Currubedo; unha contorna no que poderemos gozar de natureza en estado puro. Dispón de vixilancia, aínda que non existen nin establecementos hostaleiros nin chiringuitos na zona.
Arousa Sur: Illa de Arousa: Parque Natural Carreirón
Foto: Turismo Illa de Arousa
A ao redor de 40 minutos en coche e con conexións a través da vía rápida do Salnés, a Illa de Arousa é unha excelente opción para unha excurisón de praia. O areal do Parque Natural de Carreirón atópase nunha zona especial para a protección de aves pola Comunidade Europea. Dispón de diferentes calas, nas que tamén se inclúe unha na que está permitido o nudismo. Dispón de chiringuitos moi próximos, e ofrécenos a posibilidade de explorar a zona boscosa próxima que ocupa unha superficie de máis de 1,3 quilómetros cadrados. É de visita obrigada o pobo da Illa, onde atoparemos magníficos exemplares de mexillón, polbo e camaróns da zona.
E un baño no río?
Pontecesures: Praia fluvial Vilarello
Foto: Turismo Rías Baixas
Pontecesures é un dos concellos lindeiros con Padrón. Dispón dunha praia fluvial con merendero a pouco máis de 10 minutos en coche dos nosos establecementos. Unha contorna moi tranquila bañado polo tramo final do río Ulla, que dispón de merendero, zona de lecer infantil, servizo hostaleiro e un amplo aparcadoiro. Está rodeado de bosque, facilitando a sombra e un espazo para dar pequenos paseos pola zona.
Ven a gozar do verán no Grupo Hotel Scala e descobre, pegándoche un mergullo, lugares con encanto a poucos quilómetros do noso hotel. Vésche?