O nadal está ao virar a esquina, e con ela achégase o momento do ano no que toca reunirse cos teus: ceas en familia, con amigos ou de empresa. A escusa perfecta para gozar dunha cea de 10 na mellor compañía.
No Grupo Hotel Scala queremos poñercho fácil e dámosche todo listo para que a vosa noite de celebración sexa inesquecible. Non sabes onde nin como organizar a túa cea de nadal? Dedícache só a gozar e escolle un dos nosos completos menús de primeira calidade.
Escolle a túa data perfecta entre os días 5, 6, 7, 13, 14, 20 e 21 de decembro. Dávos présa! Reservade canto antes e non quededes sen a vosa velada especial connosco.
Mostrámosvos os nosos seleccionados menús, que inclúen ademais os nosos viños Albariño “Pazo Arretén” e Mencía “D’Eli”, augas e café.
Menú especial
Menú 1
Menú 2
A festa só acaba de empezar!
Tras a cea, Play Discotecas Móviles encargarase de amenizar a velada coa mellor música para bailar e pasalo en grande, segundo aforo, durante 3 horas. Ademais poderedes gozar do prezo especial das copas a 4 €, que máis se pode pedir?
Para os máis fiesteros, a marcha continúa despois na nosa Discoteca Euro.
Goza ao máximo e descansa connosco
Despreocúpate e goza da velada sen límites de ningún tipo. Deixa o coche no noso aparcamento gratuíto e regálache o mellor descanso connosco. Pasa a noite no Hotel Scala a prezos especiais para a ocasión que ademais inclúen almorzo buffet: cuarto individual por 35€ ou cuarto dobre por 45€.
Non esperedes a quedarvos sen sitio! Escollede o menú que máis se adapte ao voso grupo e reservade canto antes a vosa cea de nadal co Hotel Scala no teléfono 981 811 312 ou no mail hotel@hscala.com.