Levamos anos acollendo campionatos de diversa índole e estamos moi orgullosos de que numerosas asociacións e federacións galegas aposten polas nosas instalacións para celebrar campionatos e torneos tanto rexionais como nacionais.
Padrón atópase nun emprazamento privilexiado para aqueles amantes da pesca de río. Bañada polos ríos Sar e Ulla a vila natal de Rosalía de Castro constitúe unha paraxe ideal no que inaugurar a tempada do salmón, que deu comezo o primeiro de maio e prolongarase ata o próximo 31 de xullo, cun tope de capturas de sesenta exemplares nos cotos de Santeles, Sinde e Ximonde. Desde Grupo Hotel Scala convidámosche a practicar turismo fluvial connosco. ¿Atréveste?