O coto de Sinde, a escasos minutos de Padrón, é a primeira parada do salmón, con todo a facilidade do remonte dificulta en certo xeito a captura. Pero a pesar de ser o coto máis afastado do mar, foi en Ximonde onde á primeira hora da mañá do dia 1, o experimentado pescador ferrolán José Manuel Álvarez Duro extraeu ao madrugador "campano" galego (primeiro salmón da tempada), un exemplar salvaxe de 4,452 quilos de peso e 75 centímetros de lonxitude.
Os cotos do río Ulla contan cun gran prestixio no mundo da pesca, acollendo nas súas augas o afamado Concurso Internacional de Pesca do salmón, no que pescadores de todos os recunchos mostran as súas destrezas en busca da presa máis pesada.
Ademais da pesca, o río Ulla ofréceche a posibilidade de gozar dun bucólico paisaxe de augas mansas, illotes de cañizos e beiras cubertas de hortas, un lugar encantado que fai as delicias de todo aquel que o visita.
Padrón, municipio histórico por excelencia conforma un emprazamento ideal para a práctica do turismo, goza da nosa gastronomía, empápache de historia e deléitache coa tranquilidade da pesca. Grupo Hotel Scala pon á túa disposición os seus establecementos, goza do teu descanso no noso hotel e proba a cociña local nos nosos restaurantes a poucos minutos dos principais cotos de pesca.