O río Ulla e o Sar, que regan Padrón e os seus arredores, son excelentes zonas de pesca. Tras a tempada da lamprea, a piques de finalizar, o calendario lémbranos que coa entrada da primavera, chegan as aperturas dos cotos da zona. Primeiro toca a troita, máis adiante o salmón. Vés facer turismo fluvial connosco?
O río Sar, ao que Rosalía de Castro dedicou un libro, é unha boa zona para a pesca de troitas, pero é o río Ulla o que neste caso é protagonista polas súas dimensións. Nace a 640 m de altitude en Monterroso (Lugo) e desemboca na Ría de Arousa, sumando 132 km de percorrido. A súa conca é a máis extensa da comunidade despois da do Miño, 2.764 km2.
Xa o premio Nobel de Literatura Ernest Hemingway atopou o encanto da zona nunha dos seus tres visitas a Galicia. Tal e como recolle miguelpesca.com no seu blogue, Carlos Casares no seu libro Hemingway en Galicia conta que na segunda visita do escritor en 1929: o 12 de agosto, con lentes de sol novas, xornais e unha bolsa chea de tomates e cebolas para comer, pasou o día pescando polo río Ulla, ata chegar ao encoro da parte máis alta. De volta a casa a través do camiño por onde discorrería a nova vía do tren, detívose para preparar unha troita con xamón do país. Chegou de volta ao hotel ás once e cuarto da noite. Con Pauline ao seu lado en cama e unha botella de cervexa na mesilla de noite, escribiu: non houbo pelexas en dous días?
Sen dúbida trátase dunha zona espectacular para gozar da natureza e facer un pouco de exercicio moderado mentres gozamos da arte da pesca. Deixámosvos os dous puntos máis destacados, coas recomendacións e límites definidos pola Xunta de Galicia para que poidades planificar a viaxe:
-Punto un da ruta aquí.
-Punto dous da ruta aquí.
No Hotel Scala estamos a moi pouca distancia dos principais cotos, e nunha localización sen problemas de aparcadoiro, lonxe do ruído e a tensión do día a día. Ven a Padrón a gozar da gastronomía local, o encanto da zona vella da cidade e reencóntrache mentres respiras e lanzas o teu cebo favorito nos nosos ríos. Apúntasche?