O Carnaval celébrase como un traslado aos dominios da tradición: os carnavais urbanos como o de Venecia son unha exhibición do refinamento urbana fronte ao desenfreo e a cultura da exhibición e o malgaste que permanece nas zonas rurais. E aquí é onde nos atopamos neste recuncho extremo e occidental de Europa. Onde o carnaval chámase Entroido, unha festa de banquete e para os sentidos.
Co novo ano, decidimos apoiar aínda máis o amor, sobre todo á hora de demostrar aos nosos compañeiros e compañeiras na vida que son importantes para nós. Si non teñen práctica nisto do San Valentín, ou é o seu venturosa primeira vez, aquí deixámoslles unha pequena guía. Un San Valentín para principiantes.
Ao longo do mes de agosto celebrouse na comarca as xornadas de exaltación do pemento de Herbón. Óscar Vidal, o mozo mestre cociñeiro do Asador O'Pazo, participou da festa do xeito que el sabe facer: con sorpresas deliciosas. Esta vez a presentación foi con (máis) xurado do habitual. Xunto aos esixentes clientes atopábanse varios gastrobloggers dispostos a emitir veredicto diante do menú.
Aproxímase setembro e o tempo da colleita e a vendima. Logo de atravesar un dos veráns máis asollados que recordamos, as choivas das últimas semanas foron fundamentais para encarar a recolleita da uva con optimismo. A uva, o seu proceso de selección e recolleita e a elaboración do caldo compoñen un dos rituais máis queridos nas zonas de produción vinícola de Galicia. Hoxe achegámonos á uva albariña e á Denominación de Orixe Rías Baixas.