Aínda que aínda falta máis dun mes para entrar de cheo no ambiente do Nadal, no Grupo Hotel Scala non queremos que deixedes nada ao azar e xa estamos a planificar nosas tradicionais ceas e bailes de empresa. Se este nadal queredes reunirvos e pasar un bo intre xunto aos vosos compañeiros de traballo... non quededes sen reservar a vosa praza!
Só quedan uns días para que arrinque o entroido, unha das festas máis esperadas do ano. No Grupo Hotel Scala queremos que, nestes días de cor e diversión, só teñades que dedicarvos a gozar coa familia ou os amigos, e para iso organizamos unha velada moi festeira para o sábado 24 de febreiro.
Estamos na recta final do ano, 12 meses fantásticos nos que vivimos moi boas experiencias xunto aos nosos clientes. E aínda que o Nadal trae días para descansar e gozar coa familia; no Grupo Hotel Scala xa estamos a traballar para ofrecervos, en Padrón, un 2017 inigualable. Colle o calendario e planifica o 2017 connosco!
O belén artesanal en movemento de Valga, o máis grande de Galicia, atópase a tan só 10 minutos das nosas instalacións. Nel os visitantes poderán atopar, ademais das típicas escenas relixiosas, unha representación dos momentos máis destacados do ano, as tradicións do rural galego e numerosas figuras de personaxes famosos.
No restaurante do hotel Scala en Padrón somos moi previsores: xa estamos a organizar as ceas-baile de Nadal para que poidas reservar sitio cos teus amigos e compañeiros de traballo.