Aínda que aínda falta máis dun mes para entrar de cheo no ambiente do Nadal, no Grupo Hotel Scala non queremos que deixedes nada ao azar e xa estamos a planificar nosas tradicionais ceas e bailes de empresa. Se este nadal queredes reunirvos e pasar un bo intre xunto aos vosos compañeiros de traballo... non quededes sen reservar a vosa praza!
Este decembro, propoñémosvos 4 datas diferentes para adaptarnos ao voso calendarios e que poidades celebrar a vosa festa connosco cando mellor vos venga:
Os mellores menús para gozar entre compañeiros
No Hotel Scala queremos que pasedes unha noite inesquecible entre compañeiros, na que só teñades que preocuparvos de divertiros e gozar. Por este motivo, elaboramos 3 menús especiais que se adaptan a todos os gustos, e que casarán á perfección cos viños da nosa adega Pazo Arretén, Albariño Pazo Arretén e Mencía D'Eli:
Menú especial
Prezo: 40€/persoa
Menú nº1
Prezo: 44€/persoa
Menú nº2
Prezo: 46€/persoa
Tras a cea... que non pare a festa!
Sexa cal for o menú que escollades, despois dunha cea como a que vos propoñemos temos claro o que toca: bailar e gozar da noite ata que o corpo aguante! Para amenizar a festa acompañaranos Play Discotecas Móbiles, que durante 3 horas picarán os mellores temas e farán que non poidas deixar de moverche, mentres gozas das nosas copas a un prezo especial de 4 euros.
E se vos estades divertindo e aínda queredes máis... podedes quedarvos ata o amencer na nosa Discoteca Euro!
E se a noite se alonga, descansa no Hotel Scala
Neste tipo de festas, o máis importante é pasalo ben e, sobre todo, facelo con seguridade. Por iso, se a noite alongouse demasiado non tedes que coller o coche: podedes quedarvos a descansar no Hotel Scala! Se o facedes, gozaredes das nosas cómodas estancias por tan só 45€ euros a habitación dobre, e 35€ no caso da individual. E non vos preocupeis se vos despertades con fame: no prezo incluímos o noso delicios almorzo buffet! Alguén dá máis?
Se xa estades convencidos e queredes celebrar a vosa cea de empresa connosco... Correde a reservar antes de que se acaben as prazas! Podedes facelo no teléfono 981 811 312 ou no mail hotel@hscala.com