Propoñemos un día completo nas Illas Cíes pertencentes ó Parque Natural das Illas Atlánticas
Inevitable
Naviera Mar de Ons. Porto de Vigo ou Cangas do Morrazo.
Está limitado o acceso ás illas ata un número de persoas determinado, é aconsellable reservar con antelación sobre todo en verán. Se se vai con coche non queda outra que aparcalo no centro comercial ALaxe (próximo ao porto) ante a dificultade de aparcadoiro na zona. Outra opción é saír dende Cangas del Morrazo, onde hai aparcadoiro gratuíto pola zona do porto.
Non parece o Atlántico e nin moito menos a idea xeneralizada que temos da costa galega. Area branca fina con augas cristalinas dunha cor turquesa absolutamente evocadora. Parece que estás no Caribe.
As cores, olores e paisaxe da illa nas diferentes panorámicas que ofrecen as rutas de sendeirismo da illa: A ruta do Alto do Príncipe, a do Monte Faro, a de Monte Agudo e a ruta do Faro da Porta farache comprender moito mellor a xeografía da illa. Os contrastes da costa este coa costa oeste, unha abrupta, con acantilados que chegan aos 100 metros, outra de augas tranquilas, cristalinas. Excelentes panorámicas de todo o parque natural. Duración media dunhas 2 horas ida e volta (comprobar cada ruta). Levar calzado cómodo.
Se a elección da saída é por Vigo, e é unha hora prudente, moi recomentable tomar ostras frescas no mercado da Pedra. Darse unha volta polo barrio mariñeiro do Berbés.
Só hai 3 restaurantes en Cíes, ningún deles ten perda. Venden bocadillos e porcións. Son para dar servizo á xente que vai de excursión á illa. O máis recomendable é levar un pícnic e comer á sombra dunha boa árbore. Ollo que non hai papeleiras na illa salvo no embarcadoiro.