Propoñemos un día de visita xeral á cidade de Santiago, patrimonio da humanidade e meta final do Camiño de Santiago.
Sente
Casco histórico
A cidade de pedra polas súas rúas. Zona de Bonaval co Museo do Pobo Galego, Centro Galego de Arte Contemporánea, Xardín de Bonaval. Alameda de Santiago con estupendas panorámicas da cidade. Ver a igrexa de San Martín Pinario e visitar o Mercado de Abastos.
Impresionantes panorámicas da cidade. Case tocarás as torres da Catedral cas túas mans, gozarás dunha fotografías que che darán momento que dificilmente poderás repetir.
A cidade de pedra polas súas rúas. Zona de Bonaval co Museo do Pobo Galego, Centro Galego de Arte Contemporánea, Xardín de Bonaval. Alameda de Santiago con estupendas panorámicas da cidade. Ver a igrexa de San Martín Pinario e visitar o Mercado de Abastos
Moitas son as opcións de ver a Catedral. Visitar o altar maior, as capelas que rodean o deambulatorio e sobre todo a dimensión que ten para ser unha catedral románica. É de imprescindible visita El Pórtico de la Gloria, obra cumio da escultura románica xa de transición ao Gotico, obra do Mestre Mateo e a capila da Corticela. Existen distintos circuítos para pases guiados pola Catedral, para visitar a cripta, o claustro e o museo da Catedral, onde se poden admirar tapices de Rubens e Goya.
Facer a ruta Novas Perspectivas sinalizada en plano de Turismo de Santiago: espazos verdes, urbanismo, panorámicas do casco histórico e arquitectura contemporánea.
Obra do arquitecto norteamericano Peter Eisenman, a Cidade da Cultura de Galicia é un novo espazo arquitectónico contemporáneo de grande envergadura con distintos espazos culturais. A intervención simula a améndoa do casco histórico compostelán e as alturas respectaron a orografía do terreo sobre o que foi construída. Fins de semana con visitas guiadas ao espazo, boas exposicións, boas vistas da cidade dende as Torres de John Hejduk. Pódese camiñar polos seus tellados dalgúns edificios e moi boas postas de sol.