A todos nos soa o nome porque os pementos levárono lonxe… pero neste percorrido verás dende o comezo da historia Xacobea, o paso pola literatura de Rosalía de Castro ou Camilo José Cela ou o deleite da súa gastronomía.
Imprescindible
Casa Museo de Rosalía de Castro
Ou Casa da Matanza, nela viviu os últimos anos da súa vida e aí morreu. A visita permite percorrer os acontecementos que marcaron a vida e obra da xenial Rosalía, obxectos persoais e a posibilidades de coñecer unha casa galega e a súa arquitectura tradicional por un prezo simbólico. Recomendable o paseo polos xardíns.
Poboación que destaca na historia por ser sede Episcopal e como amosa a súa Colexiata que garda o título de primeira catedral de Galicia. A Casa dos Canónigos que atopades ao voso paso, é realmente un conxunto de edificios do s. XVII que albergan A Fundación Camilo José Cela, con documentación da vida e obra do premio Nobel, unha colección pictórica importante, a súa biblioteca e paraninfo ademais dos seus xardíns, co recordo de Sarita e Sestao, as primeiras locomotoras de Galicia. Hai tamén un museo de arte Sacro.
Nela atópase o “pedrón” pedra á que os discípulos do Apóstolo Santiago ataron a barca na que trouxeron o seu corpo decapitado dende Palestina. De aí o nome da poboación e a visita recomendada a esta ara votiva romana dedicada a Neptuno.
O percorrido polas rúas do burgo medieval faranche coñecer a importancia da poboación dende outros tempos, son mostra diso A Porta do Relax, Pazo de Quito, Porta de Bordel, paseo do Espolón ao lado do río Sar, Ponte de Santiago, Monumento a Rosalía, Palacio do Concello, etc
Fermoso xardín dos máis antigos de España no que conviven 300 especies vexetais diferentes, ademais dunha impactante sequoia, lugar elixido moitas veces por Rosalía para escribir, é famosa a árbore do Amor, ou o boj plantado en recordo a Cela no ano da súa morte. É o xardín do que os padroneses se senten máis orgullosos.
Atopamos a curiosa forma de pesca da lamprea, produto que se degusta na primavera, que se capturan no río cando van a desovar e nas que quedan atrapadas nunha especie de comportas instaladas en plena corrente. É un produto pouco coñecido, amado e odiado pola súa estraña forma de anguía con boca dentada que se soe preparar no seu propio sangue. Probádeo se tedes oportunidade. En poucas rexións atoparedes lamprea fóra de Galicia. Un paseo delicioso polo río fai merecedor este espazo para visitantes e locais.
Foron os monxes franciscanos os que no século XVI trouxeron dende México os pementos, aínda que nunca o reclamaron, así como os primeiros en cultivar pataca para consumo doméstico. Consta de varios edificios rodeados dunha muralla. Sobresae o claustro, a dependencia do Arcebispo e a fonte de San Bieito. Tivo varios usos, ademais de mosteiro, colexio ou cárcere. É o lugar onde se celebra a famosa festa do “Pemento de Herbón”.
Merece a pena chegar a este mirador a case 500 metros de altitude dende o que se pode divisar en días claros as torres da Catedral de Santiago, a vila da Estrada, Vilagarcía de Arousa e a Illa de Arousa. É nomeada dende outrora por poetas e trobadores como Macías o Namorado, xograr morto a mans do home da súa amada e da cal existen estatuas no xardín botánico e na praza de dito nome.