Compañía Mar de Ons Percorrido marítimo dende o porto de Bueu cara á illa de Ons coa compañía Mar de Ons. Saídas en barco dende Bueu ou Portonovo que en menos de media hora te deixa na illa.
Reserva online de billetes. En verán hai bastantes frecuencias
Percorrer a illa polas rutas de sendeirismo que hai cara aos lados máis abruptos da illa onde aniñan as aves e cambian as paisaxes segundo te vas desprazando.
A excepcional vista das Illas Cíes e se o día está despexado vense as entradas de ata 3 rías diferentes nun punto alto concreto da ruta de sendeirismo da illa.