Monforte de Lemos-Cañóns do Sil-Doade-Castro Caldelas-Mirador de Cabezoas-Santo Estevo de Ribas de Sil
Marabilloso
Monforte de Lemos
Porta da Ribeira Sacra. Vila de orixe mediaval, Monte-Forte ten un destacado patrimonio no que destaca o Mosteiro de San VicentedoPino, as súas casas blasonadas do casco histórico, a ponte Vella de orixe romana ou o chamado Escouredo Galego (as clarisas), un impresionante edificio renacentista que alberga obras do Greco.
Os aromas do viño de Amandi. Poderás ver a maior extensión de viñedos desta uva da denominación de orixe Ribeira Sacra.. Posibilidade de visitar e degustar nalgunha adega da zona.
Impresionante situación cun castelo enriba dun outeiro, rodeado de bancais nas abas. Non se estrañen de ver pulpeiras nas rúas ás portas dos bares, nalgúns días da semana.
Grandes formacións rochosas forman os cañóns do Río Sil, navegable uns 40 km a través das súas augas remansas cheas de Mosteiros, Igrexas e viñedos que lle dan sentido ao nome da Ribeira Sacra.
Mosteiro beneditino orixinario do século XI, recentemente restaurado para ser un hotel da cadea Paradores, no que destaca un precioso claustro románico en orixe aínda que con elementos de distintos movementos artísticos.