Agora que estamos no verán, propoñémosvos algunhas praias a poucos quilómetros do Grupo Hotel Scala para cando decidades cambiar o mergullo na nosa piscina, por un na Ría de Arousa ou no río Ulla.
Padrón atópase nun emprazamento privilexiado para aqueles amantes da pesca de río. Bañada polos ríos Sar e Ulla a vila natal de Rosalía de Castro constitúe unha paraxe ideal no que inaugurar a tempada do salmón, que deu comezo o primeiro de maio e prolongarase ata o próximo 31 de xullo, cun tope de capturas de sesenta exemplares nos cotos de Santeles, Sinde e Ximonde. Desde Grupo Hotel Scala convidámosche a practicar turismo fluvial connosco. ¿Atréveste?
Co novo ano, decidimos apoiar aínda máis o amor, sobre todo á hora de demostrar aos nosos compañeiros e compañeiras na vida que son importantes para nós. Si non teñen práctica nisto do San Valentín, ou é o seu venturosa primeira vez, aquí deixámoslles unha pequena guía. Un San Valentín para principiantes.