Sen haber ter apenas tempo de terminar os turrones e abrir os agasallos, tocounos despedirnos dos Nadais e comezar un novo ano incerto e cargado de incógnitas, aínda que tamén de oportunidades, festas e celebracións. E é que xa se empezan a contar os días para a próxima gran festa deste 2016, o entroido. A medida que xaneiro avanza, o branco da neve navideña vaise fundindo e deixa ao descuberto a gran variedade de cores cos que se tinguirán os disfraces da festa máis gamberra do ano.
Hoxe recuperamos os pratos que se servían nas casas de Galicia para celebrar as noiteboas: comida tradicional a base dos produtos que se tiñan máis a man ou que se podían conseguir con certa regularidade.
O vermú atravesou unha tempada na que quedou no cornecho entre as moitas e exóticas propostas que chegaban á coctelería pero desde fai algún tempo volve para reivindicarse como momento de encontro e campo de experimentación culinaria e o maridaxe. O vello viño aromático, ao que os antigos gregos atribuían propiedades antisépticas, coñece unha época de expansión, con propostas que nacen fóra dos circuítos multinacionais; vermús feitos desde Galicia, con materia prima galega e con vontade internacional, como o vermú St. Petroni, feito a base de albariño sobre leas, que demostrou ser unha excelente opción para a creatividade culinaria da man dos mestres cociñeiros do Asador O'Pazo.
O outono é a estación da colleita e sobre os nosos fogóns cociñaremos eses pratos contundentes para cando os días acurtan e nas nosas despensas atoparanse algunhas das froitas e vexetais máis ricos. Un pequeno repaso a algúns dos alimentos do outono que vén.
Ao longo do mes de agosto celebrouse na comarca as xornadas de exaltación do pemento de Herbón. Óscar Vidal, o mozo mestre cociñeiro do Asador O'Pazo, participou da festa do xeito que el sabe facer: con sorpresas deliciosas. Esta vez a presentación foi con (máis) xurado do habitual. Xunto aos esixentes clientes atopábanse varios gastrobloggers dispostos a emitir veredicto diante do menú.