O nadal está ao virar a esquina, e con ela achégase o momento do ano no que toca reunirse cos teus: ceas en familia, con amigos ou de empresa. A escusa perfecta para gozar dunha cea de 10 na mellor compañía.
No Grupo Hotel Scala queremos poñercho fácil e dámosche todo listo para que a vosa noite de celebración sexa inesquecible. Non sabes onde nin como organizar a túa cea de nadal? Dedícache só a gozar e escolle un dos nosos completos menús de primeira calidade.
No Grupo Hotel Scala queremos que esteades decatados dos mellores plans na nosa vila e por iso convidámosvos a descubrir o evento “Saborea Padrón”, unhas xornadas gastronómicas que se celebran os próximos días 5, 6, 7, 12, 13 e 14 de outubro e que van xa pola súa oitava edición. Con ganas dun fin de semana gastro? Reserva no noso hotel… e non cho perdas!
Se miras o teu calendario verás que o 19 de marzo aparece marcado como un día especial, sabes por que? Porque é o día do Pai! Sabemos o importante que é para ti facer saber ao teu pai todo o agarimo e aprecio que sentes por el, por iso desde o Grupo Hotel Scala pensamos en diferentes formas de facer que goce do seu día honorífico. Listo para descubrilas?
Chega febreiro e con el a data máis esperada por todos os namorados: San Valentín. O mércores 14 de febreiro está ao virar a esquina e sabemos o importante que é para ti facer que esa persoa se sinta especial. Por iso, desde o Grupo Hotel Scala, propoñémosche un plan ideal para que gocedes os dous dun día cargado de romanticismo.
Aínda nos estamos recuperando da inesquecible cea que celebramos convosco a noite de Reyes e non podemos esperar a crear máis recordos convosco. Por iso, no Grupo Hotel Scala xa estamos a quentar motores para outra noite inesquecible, nosa cea de entroido! Reserva o 10 de febreirogoza da comida, o baile e o ambiente na mellor compañía.
Co cinco de xaneiro ao virar a esquina, é tempo de organizar a noite máis máxica do ano, a dos Reis Magos. E para poñercho moi fácil, no Grupo Hotel Scala preparamos unha Cea de Galapara que o teu único deber sexa gozar con familia e amigos. Se o que buscas é pasar unha sorprendente velada nun ambiente acolledor mentres gozas o mellor da gastronomía galega, nosa cea de Reyes é para ti!
Por fin chegou o mes máis entrañable do ano e no Grupo Hotel Scala non poderiamos estar máis contentos. Co Nadal ao virar a esquina e Fin de Ano a dous pasos, seguro que xa che apetece respirar este aire tan festivo. Nós propoñémosche os mellores plans e visitas para estas datas, todos moi preto do Grupo Hotel Scala, onde estaremos encantados de recibirche todo o ano!
Dende o Grupo Hotel Scala en Padrón queremos dar a benvida ao grande ao novo ano 2018, e para iso preparamos un menú de excepción: os mellores produtos galegos do mar e a terra acompañados dunha selección de viños da nosa Adega Pazo Arretén , e unha gran festa con barra libre que se prolongará ata o amencer.