Chega febreiro e con el a data máis esperada por todos os namorados: San Valentín. O mércores 14 de febreiro está ao virar a esquina e sabemos o importante que é para ti facer que esa persoa se sinta especial. Por iso, desde o Grupo Hotel Scala, propoñémosche un plan ideal para que gocedes os dous dun día cargado de romanticismo.
Paseando da man
A poucos minutos do noso Hotel Scala atópase Padrón, un municipio coñecido polos seus preciosos xardíns e as fascinantes flores que os cobren. Un deles é o xardín da casa de Rosalía de Castro, famoso polas súas preciosas camelias, que o converten nun lugar ideal para gozar dun paseo en parella. Se nos achegamos a Rois, atoparemos o Pazo de Faramello, unha impresionante extensión de xardíns, fervenzas, estanques e vexetación, onde moi a miúdo celébranse vodas, hai algo máis romástico?
Cea no Scala
Como é de esperar, despois de tanto pasear seguro que xa vos irá entrando a fame, por iso no Restaurante Scala preparamos unha cea de en soño para finalizar a vosa cita:
E todo isto a só 40€ por persoa, vas a perderte esta ocasión?
Noite romántica de hotel
E para poñer o colofón á velada, feixe que a vosa noite sexa moito máis memorable quedándoche nunha das nosas confortables habitacións. Gozade da marabillosa cea de San Valentín, unha noite no Hotel Scala e un almorzo de buffet por só 70€. Regálache un merecido descanso no noso grupo e goza dunha experiencia completa na mellor compañía.
Reserva xa a túa cea e noite de San Valentín perfecta e déixache marabillar por todos os plans románticos a un paso do noso Grupo Hotel Scala, e que se respire o amor!