Aínda nos estamos recuperando da inesquecible cea que celebramos convosco a noite de Reyes e non podemos esperar a crear máis recordos convosco. Por iso, no Grupo Hotel Scala xa estamos a quentar motores para outra noite inesquecible, nosa cea de entroido! Reserva o 10 de febreiro goza da comida, o baile e o ambiente na mellor compañía.
Despois do esforzo por preparar o mellor disfrace, os complementos, a perruca e a maquillaxe é normal que aperte a fame, así que no Restaurante Scala confeccionamos un menú especial con todos os pratos indispensables que non poden faltar nunha boa festa de entroido:
E como sobremesa, as delicias reposteiras do “entroido” galego:
Ademais, toda a cea estará maridada cunha selección das mellores bebidas e viños da nosa adega:
E todo isto, por tan só 50€ por persoa.
E despois de cear… que empece a festa!
Co estómago cheo, xa estaremos listos para que comece a festa. Aos salóns do Scala chegarán un dúo e unha orquestra para animar a velada, mentres gozades dos mellores licores da nosa barra libre.
E como nunca se sabe de que maneira pode acabar unha festa carnavalera, convidámosvos a que sexades previsores e quedédesvos a pasar a noite no Hotel Scala. Se aproveitades a nosa oferta especial, poderedes durmir e almorzar connosco por 80€ por persoa.
Se a noite foi demasiado longa e queredes tomarvos o domingo con calma, e sobre todo recargar pilas para todos os días de festa que se aveciñan, podedes comer no noso restaurante por 13€ por persoa. E se ademais tedes a sorte de coller vacacións o luns e martes de entroido, cada noite adicional no noso hotel custaravos tan só 25€.
Ocórresevos un plan mellor? Feixe xa o teu reserva no teléfono 981 811 312 e ven a gozar do mellor entroido, en Padrón, co Grupo Hotel Scala!