Dende o Grupo Hotel Scala en Padrón queremos dar a benvida ao grande ao novo ano 2018, e para iso preparamos un menú de excepción: os mellores produtos galegos do mar e a terra acompañados dunha selección de viños da nosa Adega Pazo Arretén , e unha gran festa con barra libre que se prolongará ata o amencer.
Este é o menú que seleccionamos e deseñamos para a gala de Fin de Ano no Restaurante Hotel Scala:
Os nenos de ata 12 anos (que contarán cun descontó do 50%) tamén poderán gozar dunha carta especial, deseñada especialmente para eles co que máis lles gusta:
E tralas badaladas... A bailar!
A última badalada deste 2017 deixará paso a unha gran festa, na que non faltarán todos os elementos indispensables para pasar unha Noitevella inesquecible: gran cotillón e barra libre ata que o corpo aguante, na que destacamos a barra de Gin Tonic Premium.
Para recargar enerxías durante a noite, teremos tamén a vosa disposición unha gran fondue de chocolate e espetadas de froitas.
E por se todo isto non fose suficiente para recuperarse tras tanto baile, haberá unha selección de pasteliños variados e un carriño de gominolas. En último lugar, e para ir pechando a festa, teremos un buffet de fríos e como manda a tradición, o chocolate con churros.
Descontos en aloxamento
Desde o Grupo Hotel Scala queremos poñérvolo fácil e que o día 1 poidades dedicarvos só de descansar e recuperarvos. Por iso, se decidides darlle a benvida ao Ano Novo connosco, gozaredes dun prezo especial para quedarvos no noso Hotel: Cea Gala, aloxamento e almorzo por só 150 euros por persoa. E por só 15 euros máis, poderedes gozar tamén dun fantástico xantar o día 1.
Ademais, se unha vez recuperados queredes seguir gozando da nosa marabillosa contorna ata o día 2, dispoñeredes dunha noite adicional por só 25 euros por persoa.
Celebra este Fin de Ano connosco e empeza o 2018 da mellor maneira posible!