Por fin estamos ás portas dun dos mellores meses do ano: decembro. Época de festas, de descanso e de escapadas. Se tes a sorte de poder gozar dunhas pequenas vacacións durante a ponte de decembro, desde o Grupo Hotel Scala propoñémosche o mellor plan en Padrón.
Se miras o teu calendario verás que o 19 de marzo aparece marcado como un día especial, sabes por que? Porque é o día do Pai! Sabemos o importante que é para ti facer saber ao teu pai todo o agarimo e aprecio que sentes por el, por iso desde o Grupo Hotel Scala pensamos en diferentes formas de facer que goce do seu día honorífico. Listo para descubrilas?
A un paso do Grupo Hotel Scala atópase Padrón, unha vila coñecida por ser un lugar cheo de literatura. En Padrón viviu os seus últimos anos a soada poetisa do Rexurdimento Galego, Rosalía de Castro. Hoxe, a que foi a súa casa converteuse nun museo que debes visitar se vés a coñecernos, e máis desde que a fundación puxo tanto esforzo e agarimo na súa remodelación e renovación. Listo para coñecer o mellor de Rosalía?
Chega febreiro e con el a data máis esperada por todos os namorados: San Valentín. O mércores 14 de febreiro está ao virar a esquina e sabemos o importante que é para ti facer que esa persoa se sinta especial. Por iso, desde o Grupo Hotel Scala, propoñémosche un plan ideal para que gocedes os dous dun día cargado de romanticismo.
Dende unha punta a outra, esta vila estrutúrase urbanisticamente cunha disposición medieval: rúas estreitas que se dispoñen ao redor dun eixo central, a Rúa Longa, da que parten o resto de vías, intercaladas por pequenas prazas.
Entre as pedras desta histórica localidade podémonos atopar cos seguintes monumentos que dende o Grupo Hotel Scala suxerímosche non perder.