Padrón é unha pequena vila de orixe medieval que non pasa desaparecida dentro da xeografía galega, e que ofrece unha gran cantidade de monumentos nos que saciarse de cultura. Desde unha punta a outra, esta vila estrutúrase urbanisticamente cunha disposición medieval: rúas estreitas que se dispoñen ao redor dun eixo central, a Rúa Longa, da que parten o resto de vías, intercaladas por pequenas prazas.
Entre as pedras desta histórica localidade podémonos atopar cos seguintes monumentos que desde o Grupo Hotel Scala suxerímosche non perderche:
Este afamado escritor, Camilo José Cela, escolleu a terra que o viu crecer para crear a Fundación que actualmente acolle toda a súa obra, manuscritos, coleccións privadas e a súa propia vida. Esta edificación de 11.000 m2 trátase dunha casa do século XVIII construída para a residencia de cóengos en Iria Falvia na que se podo visitar unha biblioteca de máis de 45.000 volumes, unha pinacoteca con máis de 700 pinturas, un paraninfo, aulas e salas de exposicións, e unha extensa zona axardinada.
Neste espazo poderá gozar dun percorrido polos feitos que marcaron a vida e a obra da escritora galega máis recoñecida, Rosalía de Castro. A planta baixa da edificación está dedicada á vida da autora, a contorna no que se movía e a súa relación co pobo galego. Na planta superior pódese apreciar a representación dunha casa rural da época cun estilo que se move entre o campesiño e o fidalgo. Esta casa, xunto ao xardín que o rodea, recrea un espazo de época de gran fermosura sendo un dos xardíns máis importantes da comunidade galega.
Esta fermosa propiedade privada trátase dun palacio urbano entre as rúas do centro histórico de Padrón en gran sintonía co ambiente medieval da zona. Esta obra arquitectónica foi construída en 1666 por Melchor Velasco Agüero e nela habitou Alonso da Pena e Montenegro, bispo de Santiago e reitor da Universidade desta mesma cidade.
Trátase dunha construción de estilo neoclásico no que tamén se poden apreciar restos de levantamentos de templos anteriores. No seu interior pódense topar diferentes altares e paredes con elementos da tradición xacobea e do Santiago Apóstolo. No altar maior atópase o Pedrón, un ara romana dedicada ao deus Neptuno, e lugar ao que segundo nos conta a tradición xacobea foi amarrada a barca que traía os restos do Apóstolo Santiago e os seus discípulos Teodoro e Atanasio desde Palestina.
Trátase do primeiro convento de Carmelitas descalzas existente en Galicia. Foi fundado a mediados do século XVIII pola relixiosa María Antonia de Jesús de familia nobre nativa da Vila de Cuntis. A fachada principal está decorada cunha imaxe da Virxe do Carmen, obra do escultor Gambino. Na igrexa, sinxela e sombría de estilo neoclásico, o altar maior está embelecido por unha imaxe da Virxe do Carmen, obra do escultor Fabeiro.
Ven a gozar do verán no Grupo Hotel Scala e descobre os monumentos arquitectónicos con máis encanto de Padrón coas ofertas que che propoñemos. Anímache!