Nesta época do ano, Galicia loce as súas mellores galas e empápase do espírito do Nadaldeixando estampas ás que nin o mismísimo Grinch podería resistirse. Xa vos falamos dos plans do Nadal dos que podedes gozar por toda a zona máis próxima ao Scala, pero Padrón tamén é o punto de partida perfecto para coñecer o resto de Galicia e, por tanto, o seu máxico nadal.
Por fin estamos ás portas dun dos mellores meses do ano: decembro. Época de festas, de descanso e de escapadas. Se tes a sorte de poder gozar dunhas pequenas vacacións durante a ponte de decembro, desde o Grupo Hotel Scala propoñémosche o mellor plan en Padrón.
O nadal está ao virar a esquina, e con ela achégase o momento do ano no que toca reunirse cos teus: ceas en familia, con amigos ou de empresa. A escusa perfecta para gozar dunha cea de 10 na mellor compañía.
No Grupo Hotel Scala queremos poñercho fácil e dámosche todo listo para que a vosa noite de celebración sexa inesquecible. Non sabes onde nin como organizar a túa cea de nadal? Dedícache só a gozar e escolle un dos nosos completos menús de primeira calidade.
Aínda que Padrón é enormemente coñecido por ser capital do último tramo do Camiño Portugués, moitos non saben que é tamén orixe do Xacobeo. Precisamente para poñer en valor os recursos xacobeos da vila e a súa importancia na historia do Camiño naceu a Pedronía, un novo itinerario que permite coñecer un pouco máis da nosa historia. No Grupo Hotel Scala contámosvola e convidámosvos a facervos con esta credencial!
A ponte de decembro é unha desas datas sinaladas no calendario, que adoita utilizarse para descontar os días libres que aínda quedan soltos antes das tan ansiadas vacacións de Nadal e o comezo dun novo ano. Se sodes dos afortunados que pode collerse o venres libre e estirar a fin de semana, no Grupo Hotel Scala propoñémosvos un plan completo para gozar da ponte en Padrón: toma nota!