Nesta época do ano, Galicia loce as súas mellores galas e empápase do espírito do Nadaldeixando estampas ás que nin o mismísimo Grinch podería resistirse. Xa vos falamos dos plans do Nadal dos que podedes gozar por toda a zona máis próxima ao Scala, pero Padrón tamén é o punto de partida perfecto para coñecer o resto de Galicia e, por tanto, o seu máxico nadal.
Aínda que Padrón é enormemente coñecido por ser capital do último tramo do Camiño Portugués, moitos non saben que é tamén orixe do Xacobeo. Precisamente para poñer en valor os recursos xacobeos da vila e a súa importancia na historia do Camiño naceu a Pedronía, un novo itinerario que permite coñecer un pouco máis da nosa historia. No Grupo Hotel Scala contámosvola e convidámosvos a facervos con esta credencial!
Este verán de 2015 ten todas as papeletas para alcanzar unha cifra extraordinaria de peregrinos a Compostela. Os datos que imos lendo nos medios de comunicación e que ofrece a Oficina do Peregrino apuntan a que o camiño de Santiago, sobre todo as vías que veñen desde o continente europeo, estase convertendo aos poucos nun referente mundial. Pero dentro da tradición medieval xacobea non sempre recordamos a importancia de Padrón, o porto fluvial do Camiño de Santiago.