Achégase o día da nai, aínda non sabes como celebralo? Pasar tempo en familia sempre é o mellor agasallo e máis se se completa cunha experiencia gourmet. Queres saber máis? Hoxe traémosche unha ruta en familia para celebrar o día da nai co Hotel Scala.
Despois de gozar dun rico e completo almorzo no noso Hotel Scala, desprázate á cidade do Apóstolo. A menos de media hora de Padrón, comezarás a fascinarte cos seus históricos monumentos e as súas empedradas rúas.
Desde a Rúa do Franco, pérdete pola Zona Vella de Compostela. Chegarás a prazas emblemáticas como o Obradoiro, Quintana ou Cervantes, así como os seus principais monumentos, por exemplo, o Mosteiro de San Martiño Pinario e a Catedral de Santiago. É nesta última onde che recomendamos facer unha parada, non só para impresionarte coa súa espectacular fachada barroca senón para entrar e subir ás súas cubertas, desde onde contemplarás unha vista máxica e única a toda Compostela.
Tras descubrir a Zona Vella de Santiago, cruza o paso de peóns máis famoso da cidade, o de Porta Faxeira, que conecta a Rúa do Franco co Parque da Alameda. Aí espérache un paseo verde e acolledor, onde te recibirán as Marías, un imprescindible na túa visita a Santiago.
Para seguir celebrando o Día da Nai, achégache a Noia pola tarde, unha vila a tan só media hora de Compostela. Alí, se o que che gusta é a costa, poderás dar un paseo pola praia de Boa Grande, Boa Pequena, Taramancos ou Testal. Ademais, se o día o pide, atoparás diferentes terrazas nas que tomar algo ao sol.
E para terminar o día, achégate ao Miradoiro do Monte San Lois. Este está a 363 metros de altitude e conta cunhas vistas espectaculares ao núcleo urbano de Noia e a ría de Muros e Noia. Aproveita para subir ao final do día, pois así poderedes gozar dunha preciosa panorámica ao caer o sol.
Para poñer o broche de ouro a un día en familia, goza dunha cea en O’Pazo Asador, o noso restaurante premiado cunha Estrela Michelin e dous Soles Repsol. Tras unha coidada selección de materias primas, os mellores peixes, mariscos e carnes pasan polas mans do chef Óscar Vidal que, coa brasa como protagonista, consegue sabores únicos e indescritibles. Regálalle á túa nai unha experiencia gastronómica en O’Pazo!
Goza dunha ruta en familia para celebrar o día da nai co Hotel Scala, alóxate connosco e degusta a calidade dos pratos de O’Pazo. Fai a túa reserva no 981 811 312 ou en hotel@hscala.com. Esperámoste!