No Grupo Hotel Scala sabemos que, con decembro ao virar a esquina, achégase tamén un dos momentos do ano máis esperado por moitos traballadores: a cea de empresa. Para unha ocasión tan especial deseñamos varios menús de calidade que se adaptan a todos os equipos, para que poidades despreocuparvos de organizacións complicadas e dediquédesvos unicamente a gozar cos vosos compañeiros.
Por fin chegou o mes máis entrañable do ano e no Grupo Hotel Scala non poderiamos estar máis contentos. Co Nadal ao virar a esquina e Fin de Ano a dous pasos, seguro que xa che apetece respirar este aire tan festivo. Nós propoñémosche os mellores plans e visitas para estas datas, todos moi preto do Grupo Hotel Scala, onde estaremos encantados de recibirche todo o ano!
Dende o Grupo Hotel Scala en Padrón queremos dar a benvida ao grande ao novo ano 2018, e para iso preparamos un menú de excepción: os mellores produtos galegos do mar e a terra acompañados dunha selección de viños da nosa Adega Pazo Arretén , e unha gran festa con barra libre que se prolongará ata o amencer.
Sen haber ter apenas tempo de terminar os turrones e abrir os agasallos, tocounos despedirnos dos Nadais e comezar un novo ano incerto e cargado de incógnitas, aínda que tamén de oportunidades, festas e celebracións. E é que xa se empezan a contar os días para a próxima gran festa deste 2016, o entroido. A medida que xaneiro avanza, o branco da neve navideña vaise fundindo e deixa ao descuberto a gran variedade de cores cos que se tinguirán os disfraces da festa máis gamberra do ano.
O Grupo Scala despide 2015 ao grande. Preparamos un menú espectacular para dicir adeus aos últimos doce meses: ides atopar varios pratos con ingredientes populares galegos, carta de viños coas botellas máis significativas do grupo Scala e festa ata o amencer para comezar pronto trasla última campá do 2015.