Por fin estamos ás portas dun dos mellores meses do ano: decembro. Época de festas, de descanso e de escapadas. Se tes a sorte de poder gozar dunhas pequenas vacacións durante a ponte de decembro, desde o Grupo Hotel Scala propoñémosche o mellor plan en Padrón.
Dende unha punta a outra, esta vila estrutúrase urbanisticamente cunha disposición medieval: rúas estreitas que se dispoñen ao redor dun eixo central, a Rúa Longa, da que parten o resto de vías, intercaladas por pequenas prazas.
Entre as pedras desta histórica localidade podémonos atopar cos seguintes monumentos que dende o Grupo Hotel Scala suxerímosche non perder.