Todos os 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas en Galicia, unha xornada que rende homenaxe aos escritores que destacaron pola súa literatura no noso idioma. Este ano, recae en Luísa Villalta, quen se une ao grupo de seis mulleres que recibiron este recoñecemento, entre as que se atopa Rosalía de Castro, poetisa moi vinculada a Padrón, por ser este o lugar onde pasou os seus últimos anos.
Dende o Hotel Scala, co propósito de honrar a Rosalía de Castro e celebrar o Día das Letras Galegas, convidámoste a descubrir algúns dos lugares que marcaron a vida desta escritora na nosa vila.
A primeira parada é a Igrexa de Santa María a Maior de Iria Flavia, que se atopa a menos de dous quilómetros do Hotel Scala. Antiga Sede Episcopal, a basílica é unha das máis antiga de Galicia e, nela, estivo enterrada Rosalía de Castro desde 1885 ata 1891.
A poucos quilómetros, collendo a estrada nacional, está a rúa Juan Rodríguez. Neste enclave, a escritora viviu xunto á súa nai e irmáns.
Durante o período, no que a poetisa viviu en Padrón, gozou camiñando polo Paseo de Montero, como adoitaba chamarse anteriormente. Agora, coñecido como o Paseo do Espolón, alberga unha estatua en honra á autora.
O seguinte punto do noso percorrido é o Xardín Botánico de Padrón, inaugurado en 1869, é considerado un dos primeiros da xeografía española e posúe máis de 300 especies de árbores. Quen sabe… quizais, visitando este parque e apreciando a natureza que este alberga, acabas inspirándote para escribir preciosas descricións como Rosalía.
Se queres ampliar os teus coñecementos sobre a escritora, animámoste a visitar a Casa da Matanza, onde a poetisa viviu co seu marido e fillos ata os seus últimos días en 1885. Agora, a propiedade foi restaurada e convertida nun museo dedicado ao recordo de Rosalía de Castro.
Antes de regresar ao Hotel Scala, convidámosche a parar e descubrir o noso Pazo Arretén, cunha historia vinculada á familia materna de Rosalía de Castro. A visita guiada, dispoñible en varios idiomas con reserva previa, inclúe unha cata e a degustación dunha selección de petiscos fríos.
E para concluír, que mellor maneira de terminar a xornada que regresando e descansando no Hotel Scala? Nas nosas habitacións atoparás a comodidade necesaria para gozar dos versos de Rosalía. Reserva a túa habitación hoxe mesmo!