En Brandal tamén queremos ser testemuñas do voso amor. Para iso, este ano preparamos un menú espectacular para chuparse os dedos e facer deste San Valentín unha celebración inesquecible. Estás preparado para descubrir o noso menú especial?
No Grupo Hotel Scala encántanos celebrar, e por iso, tanto o venres 14 de febreiro, Día de San Valentín, como o sábado 15, poderás gozar deste menú especial preparado con moito amor para facer deste día unha experiencia gastronómica única. Este menú servirase exclusivamente en horario de ceas, para garantir que cada detalle da velada sexa inesquecible.
O menú de San Valentín componse de exquisitos entrantes, dous pratos principais e unha deliciosa sobremesa. Tanto as augas como os refrescos estarán incluídos, mentres que a adega pagarase aparte.
Comezaremos con foie coas suas tostas de pan brioche e gambas panko. Logo, daremos paso ao marisco, onde serviremos ½ bogavante á brasa, un prato que te deixará con ganas de máis.
Para os pratos principais, a nosa lubina, con tubérculos e allada e despois o solombo de vaca. Dous pratos contundentes que pecharán a parte salgada deste menú especial de San Valentín en Brandal.
E na parte doce, o noso famoso cremosito, que nunca falta nas ocasións máis especiais. Unha crema de queixo sobre galleta e marmelada de frambuesa, riquísimo.
En Brandal queremos que goces dunha das noites máis románticas do ano. Por iso puxemos todo o noso agarimo neste menú especial. En sala, o noso persoal estará á túa disposición para asegurarse de que non che falte de nada, atentos en cada detalle para estar á altura dunha ocasión tan especial.
O prezo para gozar desta experiencia será de 80€ por persoa e xa están dispoñibles as reservas no 671 378 752 ou 981 811 312. Vémonos?