Pensaches en percorrer o Camiño de Santiago? Se este ano estás decidido a peregrinar a Compostela pero aínda non decidiches que ruta facer, presentámosche 3 datos curiosos que tes que saber sobre o Camiño Portugués antes de embarcarte nesta aventura. Continúa lendo!
Unha das marabillas do Camiño Portugués atópase ao chegar a Caldas de Reis. Aquí, tras cruzar o río Umia, descubrirás unha fonte de augas termais coñecidas polas súas propiedades curativas.
Dise que estas augas posúen poderes curativos para afeccións de vías respiratorias, reumáticas, pel, xinecolóxicas e cirúrxicas.
No penúltimo día da túa viaxe, chegarás A Escravitude, en Padrón. Aquí é onde te sorprenderá o poderoso Santuario que se alza neste lugar. A tradición conta que os peregrinos se liberaban da "escravitude" das enfermidades bebendo das augas dun manancial que flúe baixo o templo.
Estas son só algunhas das marabillas que te esperan no Camiño Portugués cara a Santiago. Déixate sorprender en cada paso do teu percorrido!
O Camiño Portugués é o segundo roteiro máis transitada cara a Santiago. Partindo desde o sur, este atravesa a zona máis poboadas de Galicia, as Rías Baixas, e pasa por pobos e cidades históricas como Tui, Pontevedra, Caldas de Reis ou a nosa vila Padrón, seguindo o antigo trazado da vía romana XIX.
Este roteiro ofrece unha ampla rede de servizos, incluíndo albergues e aloxamentos como o noso Hotel Scala, equipado con cafetería, restaurante e menú do día, ademais dunha ampla capacidade. Atopámonos ao final do camiño, xusto antes de emprender o último tramo cara á cidade do Apóstolo.
Ademais, o Camiño Portugués é máis sinxelo que o Camiño Francés e bríndache a oportunidade de gozar de bosques, pequenas aldeas, pazos, fortalezas e vistas panorámicas das rías.
Fai a túa reserva no 981 811 312 ou en hotel@hscala.com para aloxarte nunha das nosas habitacións e chegar completamente descansado a Compostela. Esperámoste ao final do camiño!