Unha das festas máis tradicionais do Entroido, está a piques de comezar! No Hotel Scala estamos a preparar unha noite única para ti, por iso, o sábado 1 de marzo queremos ofrecerche unha cea especial de Entroido cun menú composto polos pratos de tempada, e con DJ, para facer desta noite unha gran festa. Queres saber máis?
O Entroido, ademais de ser unha festa chea de diversión e cor grazas aos disfraces, é tamén unha auténtica celebración gastronómica. Durante esta época, hai moitos pratos tradicionais que cobran protagonismo, e neles inspírase o noso menú de Entroido.
Comezaremos a noite cuns entrantes formados por empanadas variadas de millo, croquetas de cocido e tostas de lacón. O prato principal, non pode ser outro máis que o verdadeiro protagonista desta época: lacón con grelos, un prato que define o verdadeiro espírito do entroido.
Como broche final a esta festa gastronómica, non faltarán as sobremesas típicas do entroido: filloas recheas e crujientes orellas. E tras a cea, comezará a música a cargo do DJ, quen se encargará de poñer ritmo a esta gran noite. Ademais, para que sigas brindando connosco, haberá copas dispoñibles por só 6€.
A cea baile ten un prezo de 50€ por persoa, pero se buscas un plan máis completo, ofrecémosche a posibilidade de aloxarte no noso hotel e gozar dun almorzo buffet ao día seguinte por só 90€. Porque sabemos que ás veces o Entroido merece ser celebrado sen présas, gozando no Hotel Scala.
Reserva agora no 981 811 312 e asegura a túa praza para gozar connosco do Entroido.